O presidente e o vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco e José Luis Sáez, acompañaron o ala capitalino Antoñito na súa presentación como terceiro reforzo do equipo de Juanlu en Primeira LNFS para 2013-14. Antonio Sierra García (Madrid, 1990) recala no club laranxa despois de pertencer nas últimas tres tempadas no Caja Segovia; en 2012-13 disputou 29 encontros con autoría de 10 tantos.
“Este club demostrou o seu interese dende hai tempo e apostou forte por min” aseguraba Antoñito, que confesou a súa atracción por Burela como “un proxecto sólido, dun club serio que sempre me chamou a atención. A figura do adestrador, de Juanlu, tamén me tirou moito para decidirme por este equipo, ademais dos bos reforzos, cos que xa coincidín nas pistas” dixo o ala, facendo referencia aos tamén madrileños Hugo e Álex.
“Despois de tres anos moi bos en Segovia, cunha final de liga e dúas semifinais, clasificándonos para play off, Burela é un paso adiante na miña carreira; espero dalo todo aquí”, puntualizaba Antoñito sobre o seu ex-equipo, que sairá en 2013-14 en Segunda División por circunstancias económicas, e sobre o seu futuro prometedor na Mariña. “Este ano contribuirei ao equipo co que mellor sei facer, o un para un, desequilibrando en banda e unha forte presión en defensa” así se definía a nova incorporación laranxa, que tamén conta co Móstoles (2007-08), Puertollano (2008-09) e Punctum Millenium Pinto (2009-10) na súa intensa traxectoria futbolística.
“A xuventude e o talento serán o eixe dun proxecto que perseguirá o asentamento na categoría cuns cimentos firmes” aseguraban Manuel Blanco e José Luis Sáez, destacando a especial aposta da entidade burelista pola estrutura de base: “Os reforzos de Hugo, Álex e agora Antoñito súmanse á filosofía dun bloque que na vindeira tempada disporá de 11 fichas profesionais e dará cabida no equipo sénior á canteira do club, coa vacante da duodécima praza da convocatoria” explicaron os dirixentes.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
