Burela, 10 de xullo de 2013. Ao longo da mañá deste mércores, as monitoras da aula de educación medioambiental Gaia informaron e sensibilizaron aos usuarios dos principais areais bureleses sobre a necesidade de non depositar as cabichas e os restos dos seus cigarros na area. O Concello de Burela, tal e como leva facendo desde hai anos, repartiu hoxe aos usuarios das praias de Portelo, Ril e a Marosa cinceiros ecolóxicos.
Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “os cinceiros, de cor azul, están deseñados para que poidan cravarse na area. Ademais dispoñen dunha tapa para evitar que os restos dos cigarros cheguen a caer na area. Servirán por tanto, para que os fumadores non deixen na area os restos dos seus cigarros, e así evitar a presenza de cabichas nos areais de Burela”.
Desde a Concellería de Medio Ambiente convidan “a todos os usuarios das nosas praias a respectar e a manter os nosos areais limpos e en bo estado utilizando os cinceiros. Os que os precisen pode pedirllos no posto aos socorristas”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



