As instalacións do Eido Dourado na praia da Pasada en Barreiros recibiron durante a fin de semana a visita dun grupo de turoperadores e axentes turísticos de Galicia, de Asturias e doutras comunidades españolas, que se atopaban na zona participando nunhas xornadas sobre o Camiño de Santiago. Foi o propio Celso Dourado o que exerceu de guía, explicándolles a súa obra e tamén o contido dos xardíns do Eido Dourado.
