Lugo, 17 de xullo de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, arremeteu hoxe contra a decisión da Comisión Europea de obrigar á devolución das axudas do tax lease xa que, pese a flexibilización dalgúns dos criterios inicialmente previstos, “segue a poñer en risco o futuro do sector naval”.
O popular non dubidou en cualificar de “inxusta” esta decisión porque a maiores do impacto sociolaboral que provoca, e do impacto que ten no conxunto dun sector xa de por si delicado, supón un grave trato discriminatorio respecto de outros países europeos como é o caso de Francia, que nun expediente similar foi eximida de devolver as axudas.
Nesa liña Balseiro lamentou o papel xogado polo socialista Joaquín Almunia, promotor desta sanción xa que “foi absolutamente insensible” ás peticións formuladas polo seu país e desde todas as institucións. “Indigna moito saber que tivo que defendernos un comisario italiano, non o propio Almunia, que parece obsesionado en aplicar un castigo inmerecido a España”
A decisión da Comisión Europea fai que creza a preocupación entre os 300 empregados dos estaleiros Gondán e Armón, que operan na Mariña lucense e no Occidente de Asturias –moitos residen en Burela e Ribadeo- aos que o dirixente popular quixo expresar a súa solidariedade e apoio á vez que a esperanza de que a decisión poida ser revisada ou revogada.
POSIBLE RECURSO
De feito o Balseiro indicou que os populares lucenses amosan o seu respaldo a todas as iniciativas que, en defensa do naval teña previsto impulsar a Xunta, as Comunidades Autónomas e o Executivo central, entre elas, un posible recurso xudicial.
Hoxe mesmo o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo contactos co ministro de Industria, José Manuel Soria, para a interposición dun recurso contra o ditame do Colexio de Comisarios sobre o sector naval. O mandatario galego, a cuxas palabras se suman desde o PPdeLugo cualificou a decisión promovida por Almunia de “cuestionable” desde o punto de vista xurídico, “pouco responsable” a nivel económico e “insensible” no terreo social.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



