Foz, 9 de xullo de 2013. O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, referiuse hoxe “á incerteza” que están a crear Unifoz e o secretario xeral do PSOE local coas súas declaracións nos medios de comunicación sobre unha posible moción de censura no Concello. O rexedor di que o seu goberno está preocupado unicamente por atender aos veciños e aos turistas que visitan Foz este verán. Castiñeira considera que o resto son loitas internas de poder que non son positivas para a imaxe do municipio.
O rexedor municipal focense sinalou que “a única preocupación que ten o grupo de goberno do Partido Popular en Foz é atender ao verán, darlles servizos a todas as veciñas e os veciños e tamén aos turistas que temos no pobo durante esta época. Esa é a nosa única preocupación: estar pendentes das festas do Carme, atenderlles aos socorristas, ás praias, ás parroquias, etcétera. Para iso estamos no Concello, o resto son loitas internas de poder por parte dalgún”.
Javier Castiñeira subliñou que “todo isto non é positivo para o concello, que ten que dar unha imaxe completamente distinta. Eu creo que a podemos dar porque somos un concello con suficiente criterio e historia para coñecerse por outras cousas e non por este tipo de loitas políticas e de poder”.
O alcalde lembrou que “nós nestes dous anos levamos vivindo unha situación de bloqueo por parte duns para tratar de buscar algún rendemento político. Estamos acostumados, pero debemos dedicarnos a xestionar unha situación complexa economicamente e tentar dar os mellores servizos nesta época. Os hostaleiros, o comercio, os empresarios e os nosos veciños estaban agardando polo verán coma auga de maio e o que non podemos estar agora é con loitas de política interna”.
Castiñeira foi contundente: “nós ás nosas responsabilidades e si nalgún momento alguén ou algúns grupos políticos deciden ir en contra da vontade do pobo, aló eles e a súa responsabilidade”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



