A CIG-Saúde A Mariña considera que o peche de camas durante o verán no Hospital da Costa non ten xustificación técnica posible e que tan só obedece a unha política sanitaria neoliberal do Partido Popular que busca o desmantelamento da sanidade pública na nosa comarca.
Afirma que non o fan por mellorar a eficiencia do sistema, simplemente obedece a unha ofensiva neoliberal recentralizadora do Partido Popular, que busca o desmantelamento da sanidade pública en beneficio do gran capital e da medicina privada situada nas grandes cidades, unha ofensiva recentralizadora que afasta en vez de achegar, a sanidade pública á cidadanía.
O peche de camas no Hospital da Costa provocará un deterioro da saúde e o incremento das listas de espera cirúrxicas, de consultas e de realización de probas diagnósticas.
Pechar camas e diminuír a actividade non é nin de lonxe unha boa xestión, simplemente é unha medida dun mal xestor que vai privar de asistencia sanitaria programada durante o verán aos mariñaos e mariñás.
O SERGAS xustificou o peche de camas durante o verán, co argumento de que as camas en funcionamento serán as suficientes para atender a demanda. Para a CIG-Saúde A Mariña trátase dunha curiosa afirmación, pois “os centros sanitarios non funcionan só a demanda, a maioría da actividade é programada e coa particularidade engadida dunha comarca, A Mariña, onde a poboación aumenta durante os meses estivais ao ser un lugar de referencia turístico.”
O DRAMA DO DESEMPREGO SANITARIO NA MOCIDADE.
Co peche de camas e a non substitución do persoal no período vacacional, “o SERGAS está a incrementar o paro sanitario da nosa mocidade na comarca, condenando aos/ás aspirantes das listas de contratación ao drama do desemprego, tendo como consecuencia directa un impacto na economía real desta comarca, porque hai que lembrar que o Hospital da Costa é o segundo centro de emprego da Mariña”.
Por todo o anterior CIG-SAÚDE A MARIÑA “esixe á Xerencia Executiva do Hospital da Costa a apertura de todas as camas e a contratación de persoal para ofrecer unha atención sanitaria de calidade e de proximidade tanto no Hospital da Costa como nos Centros de Saúde e PAC´s da nosa comarca”.





















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



