Ribadeo, 11 de xullo de 2013. Da comezo a segunda fase do programa Mira.Me das Concellarías de Desenvolvemento Local e Mocidade.
Segundo explican desde estes departamentos “tras a finalización a pasada semana do curso de desenvolvemento de marca persoal e a realización das primeiras titorías individuais, Mira. Me, dentro do programa Ribadeo Emprende, entra neste mes de xullo nunha segunda fase na que os alumnos deseñarán, guionizarán e planificarán o seu propio vídeo currículo”.
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local relatan que “ata o momento, os participantes do proxecto asistiron a 24 horas de formación teórica, na que aprenderon a descubrir os seus talentos e características diferenciadoras, a coñecerse mais, pero sobre todo a aproveitar os actuais recursos dixitais para gañar proxección e transmitir todas esas características definitorias do seu perfil profesional de maneira máis eficaz”.
E engaden que “os alumnos asistiron tamén a titorías individuais nas que, en base á parte teórica e á marca persoal propia creada, empezouse a traballar no guión do seu vídeo currículo”.
“Todo este mes de xullo dedicarase polo tanto ao deseño dese guión e á preparación dos recursos necesarios para a súa gravación, tratando de crear unha peza diferenciadora que mesture creatividade, imaxinación, talentos e paixóns propias, que lles permita gañar visibilidade e unha maior proxección na busca de emprego, no actual contexto laboral e do entorno 2.0. En agosto e setembro as pezas gravaranse na propia vila e intentarán poñer como marco común a venda do talento profesional que hai na zona de cara á dinamización laboral e empresarial”, sinalan desde a Concellaría de Mocidade.
Desenvolvemento Local e Mocidade lembran que “Mira.Me xorde coa intención de ofrecer por unha parte aos participantes a posibilidade de descubrir e chegar a novas ofertas a través de novas canles, xestionando mellor o seu talento. Por outra parte, ten como destinatario ás empresas, que descubrirán a profesionais do seu entorno que en moitas ocasións, nun mercado tan saturado e masificado, poden























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



