O próximo luns, 15 de xullo, dará comezo na aula CeMIT de Burela un novo curso de informática sobre A descarga de música de forma legal. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, pretende ensinarlles aos asistentes a descargar música da internet legalmente, así como a reproducila tanto no propio equipo como nun reprodutor de música externo. Este curso, impartido polo Concello de Burela, durará ata o martes 23 do mesmo mes e desenvolverase en horario de 9:00 a 10:00 horas. Desde a aula CeMIT lembran que os usuarios tamén poderán facer uso libre dos equipos e da Internet da aula en horario de mañá de 7:45 a 9:00 horas e de 13:00 a 14:00 horas. Para inscribirse ou solicitar máis información, os interesados poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela, sita na Casa da Xuventude (Rúa do Cancelo, 1), contactar a través da páxina web http://cemit.xunta.es/ ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.burela@xunta.es
























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



