Lugo, 11 de xullo de 2013. O segundo dos xoves de Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación estivo protagonizado pola compañía Femme Fatale, quen presentou o seu espectáculo Master Class Cabaret, a versión de sala do espectáculo Unha cadeira para mover o mundo na que expresan, de xeito didáctico e desenfadado, a súa propia versión do cabaré. Este ano, todos os xoves de Cultura Aberta están introducidos polos regueifeiros da asociación Oral de Galiza.
Os xoves de Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación de Lugo convertéronse, ao paso dos anos, na alternativa estival para o entretemento da poboación lucense nesta época, ofertando todo tipo de alternativas culturais, desde concertos a monólogos, pasando por espectáculos como o desta noite vinculados ao mundo do baile e o espectáculo de cabaré.
Pola súa banda, The Teta’s Van trouxo consigo a revolución en feminino o xoves pasado. Este grupo, formado por rapazas, na súa maioría, é especialista en facer versións e o seu obxectivo é o de divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas a través da lingua galega.
Nesta edición os Xoves van ser en clave feminina, e a programación vai contar cunha mostra do mellor do noso panorama artístico actual da man de mulleres grandes e bravas. Completan o programa o espectáculo de hoxe Master Class Cabaret, de Femme Fatale; a poesía musicada de Uxía, cantándolle a Manuel María; a enerxía de Aid, a forza de Sés, os ritmos brasileiros de Jotinho’s e a homenaxe contemporánea de Najla Shami a Rosalía.
Alumnos e profesores da Tradescola son os encargados de amenizar as entradas ás actuacións dalgúns Mércores Miúdos e Xoves de Cultura Aberta, nunha aposta firme polo traballo que realiza este colectivo a prol da música e da cultura galega.





















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



