Ribadeo, 27 de xullo de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, informa que ata un total de 103 familias da localidade poderán verse beneficiadas pola nova de Lei de Costas, ao ter a posibilidade de legalizar as súas vivendas, dende o máximo respecto ambiental –as anteriores a 1988-, ou de solucionar a serie de problemas cos que se viñan atopando os propietarios de vivendas no litoral para a realización de obras menores.
Así, o popular explicou que esta nova lei inflúe nun total de 2,52 hectáreas, cunha maioría das construcións anteriores a 1989, o 82,5%; mentres que 15 son posteriores a esta data, e de tres delas non se pode valorar a data de edificación.
Deste xeito, o popular explica que a nova normativa afianza e dá seguridade xurídica aos propietarios das edificacións tradicionais do litoral anteriores ao ano 1988, que poderán legalizar as súas vivendas, dende o máximo respecto ambiental.
O restantes dos titulares de vivendas posteriores a 1988 veranse beneficiados ao mudar a normativa para a realización de obras menores, que permitirá reducir o longo proceso administrativo e a dificultade de obter licenzas, “ sempre dende o máximo respecto ambiental e dende a garantía dunha rigorosa disciplina urbanística”, puntualiza López Penabad.
López Penabad explica que destas edificacións, un total de 18 están asentadas en solo urbano, mentres que 85 en solo rústico, que a pesar das restricións medioambientais, poderán ser incluídas legalmente nos plans de ordenacións.
Sensibilidade do Goberno central
Deste xeito, López Penabad explicou que este texto legal supón “un paso decisivo para os concellos costeiros ao protexer, ordenar e mellorar os valores paisaxísticos e ambientais da costa galega”.
Por último, o popular agradece a sensibilidade do Goberno central para darlle solución a unha serie de problemas cos que se viñan atopando os propietarios de casas no litoral, sempre protexendo a costa e beneficiando aos que estaban lexitimamente no litoral.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



