Burela, 1 de xullo de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, participou esta tarde no barco-museo boniteiro Reina do Carme na presentación da campaña que a Xunta de Galicia organiza dende hai uns anos para promocionar o bonito pescado polos barcos bureleses con artes que son respectuosas co medio ambiente. Ata Burela viaxaron o secretario xeral de Pesca da Xunta, Juan Maneiro, e a Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
Na opinión do alcalde José María González Barcia “a realización desta campaña é fundamental para o bonito e para os boniteiros, xa que intenta favorecer o consumo do produto fresco, en contra do que se viña facendo hai anos”.
O rexedor lembrou que “esta campaña soamente houbo tres anos en onde non se levou a cabo e foi coincidindo coa etapa do goberno bipartito da Xunta de Galicia”, e subliñou que “esta presentación se fixo en Burela debido ao que o pobo representa en canto á costeira do bonito. Nos anos 40 e 50 Burela comezou a medrar con empuxe e forza grazas precisamente aos ingresos derivados da costeira do bonito. Si o porto de Burela hoxe é o que é en boa medida é debido aos ingresos que ten traído consigo a costeira do bonito, aínda que o peso específico na actualidade sexa bastante inferior ao que tiña hai 25 ou 30 anos”.
González Barcia afirmou que “para nós é unha satisfacción que a Xunta de Galicia se acordase unha vez máis de Burela para a presentación desta campaña que, como non podía ser doutro xeito, se realiza nun auténtico emblema do que é a pesca do bonito con artes tradicionais: o barco-museo Reina do Carme, que recolle na súa neveira unha amplísima exposición na que se contrapoñen as artes depredadoras que non respectan o medio ambiente coas artes de pesca que pola contra si son respectuosas co medio ambiente e coa pervivencia das especies”. Polo tanto, “ademais do que significa o acto en si de por en marcha esta campaña, tamén é unha homenaxe por parte da Xunta e do propio Concello de Burela ao que ten dado de si o bonito representado neste boniteiro Reina do Carme”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



