A Mariña, 18 de xullo de 2013. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) da comarca da Mariña, presentará en todos os concellos nos que ten representación, mocións de apoio ás persoas que cobran pensións de estados estranxeiros e que están recibindo requerimentos da Axencia Tributaria reclamando as cantidades percibidas desde 2008. Así o anunciou a responsábel dos nacionalistas, Ana Ermida, quen puntualizou que “estes emigrantes retornados nunca recibiron información sobre a súa obriga de declararen as contías das pensións percibidas no estranxeiro; existía un total descoñecemento da obriga de facer esa declaración anual do IRPF.”
Para Ermida este feito confirma a falla de intencionalidade de defraudar e que se apoia tamén no feito de que os estados pagadores nunca expediren ningunha certificación en relación coas cantidades percibidas e insiste en que “resulta sorprendente que cinco anos máis tarde milleiros de persoas en toda Galiza, reciban notificacións advertindo dunha posíbel sanción por non ter cumprido coas súas obrigas tributarias.”
“É vergoñento -continuou a responsábel do BNG na Mariña- que mentres aos evasores fiscais se lle conceden anmistías, o cal constitúe unha auténtica inmoralidade, se ameace con sancións a traballadores e traballadoras que tiveron que saír do seu país en busca de traballo e unha vida digna.”
Desde o Bloque Nacionalista Galego aseguran que a única saída a este conflicto, que afecta a centos de mariñáns, é que o Goberno do Estado anule todos os expedientes sancionadores e inicie unha campaña para informar adecuadamente aos pensionistas das súas obrigas futuras coa Axencia Tributaria.
Dada a confusión existente sobre desta cuestión e o gran número de emigrantes galegos e galegas, os nacionalistas reclaman, tamén, a necesidade de revisar os convenios marco existentes con outros países, en especial o establecido con Alemania en 2012.
Ana Ermida fixo un chamamento a todos os concellos da Mariña para que artellen os mecanismos precisos para prestar asesoramento a todas as persoas afectadas que o precisen.


















Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



