O Colectivo Cultural Buril solicitará á Dirección Xeral de Patrimonio, dependente da Consellaría de Cultura da Xunta da Galiza, a declaración de Ben de Interese Cultural en calidade de monumento, para as pinturas e igrexa da Vila do Medio. Do mesmo xeito, tamén solicitará ao Concello de Burela que trate este asunto no próximo pleno municipal, ao entender que se trata dunha cuestión de grande importancia para Burela.
A presidenta do Buril, Rosana Valle, e o seu secretario, Senín Díaz Mon, mantiveron este mesmo luns unha xuntanza con representantes dos tres grupos políticos con representación no Concello, na que expuxeron a proposta do Buril para debate en pleno e solicitaron o seu apoio á solicitude para declarar Ben de Interese Cultural as pinturas da Igrexa da Vila do Medio. Rosana e Senín cualificaron a xuntanza de moi positiva e agardan que o apoio da Corporación Municipal se faga efectivo no próximo pleno que terá lugar neste mesmo mes de xullo.
As pinturas murais da Igrexa da Vila do Medio constitúen unha obra de grande importancia histórica, artística e patrimonial, non só para Burela, senón tamén para a arte galega en xeral. Estas pinturas veñen padecendo un importante proceso de deterioro desde que foron descobertas a principios dos anos 70 do pasado século, presentando actualmente un estado de conservación que urxe unha rápida actuación para garantir a súa preservación ao longo do tempo, así como para a súa posta en valor como parte fundamental da nosa história artística e cultural.
O Buril traballa na promoción e defensa da cultura galega en todas as súas manifestacións, desenvolvendo ao longo dos seus case 30 anos de vida distintas actividades encamiñadas a preservar e pór en valor o noso patrimónico cultural, facendo unha aposta nestes últimos anos polo estudo e difusión da história local, con especial atención a aqueles aspectos máis destacados de Burela e da Mariña.
O pasado ano 2012, dentro das II Xornadas de História Local de Burela, realizamos unha visita guiada ás pinturas da Vila do Medio, a cargo da historiadora da arte Lucia Bouza, onde puidemos constatar in situ o precario estado de conservación que presenta esta “pequena xoia” da pintura medieval galega, sendo algunha das escenas pictóricas practicamente irrecuperábel.
Co fin de pór remedio a esta situación que pon en perigo a preservación destas pinturas, o Buril presentará solicitude ante a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galiza, para que as pinturas e a igrexa da Vila do Medio sexan declaradas Ben de Interese Cultural, de acordo coa Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patromonio Cultural de Galiza.
Paralelamente a esta solicitude, desde o Buril impulsaremos distintas actividades relacionadas coas pinturas da Vila do Medio e a súa declaración como Ben de Interese Cultural para dar a coñecer esta iniciativa entres os distintos sectores sociais de Burela. Todas estas iniciativas encádranse dentro dunha serie de actividades que se programarán con motivo do 30 aniversario do Colectivo Cultural Buril.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



