Burela, luns 26 de xullo. O Campus de Ximnasia Rítmica Imdecum 2013 despediuse onte pola mañá cun precioso festival de clausura no pavillón Vista Alegre de Burela, no que as alumnas puideron exhibir parte da súa aprendizaxe no clínic que comezou o 15 de xullo.
Nun acto presentado pola coordinadora da Escola de Ximnasia Porta Norte, Nelly Bouso, as 35 alumnas amosaron a súa especial sensibilidade, elegancia e desenvoltura en coreografías de ballet, flamenco, ximnasia estética de grupo, funky e ximnasia rítmica, engalanadas con vestimenta que elas mesmas elaboraron durante a semana do campus. ‘Amigos para siempre’, ‘Una rosa es una rosa’, ‘Mary Popins. Do, Re, Mi’, ‘Rolling in the deep’, ‘Pump it’ e ‘Crazy in love’ foron algunhas das cancións que soaron en Vista Alegre para dar ritmo aos movementos das pequenas ximnastas.
A entrega de diplomas e medallas puxo o peche á cita, contando coa presenza do tenente de alcalde de Burela, Manuel Fernández Valle, xunto a representantes da Fundación Imdecum e de Porta Norte.
A exhibición estivo precedida por un emotivo minuto de silencio polas vítimas do tráxico accidente ferroviario de Santiago de Compostela ocorrido na véspera do Santiago Apóstolo.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
