Burela, 20 de xullo de 2013. O Concello solicitaralle á Xunta a desafectación de varias vivendas dos mestres do colexio Virxe do Carme. O obxectivo é poder destinalas a fins sociais. O alcalde, José María González Barcia, agarda que o expediente se resolva con celeridade.
O rexedor contou que “no colexio Virxe do Carme hai oito pisos para mestres, están divididos en dous bloques e cada un deles está composto de catro vivendas. Hai dúas que están ocupadas por profesores, unha que é empregada pola APA do colexio e unha máis que está a ser utilizada como almacén por parte do propio centro. E as outras catro están sen usar”.
González Barcia explicou que “tendo en conta que nós temos falla de locais e que estamos estudando a posible posta en marcha dalgún servizo social novo, o que imos facer é pedirlle á Xunta de Galicia a desafectación desas vivendas que están libres para destinalas a outros usos. Por exemplo poderían ser para contar con locais para asociacións, xa que agora mesmo non temos. Os locais que hai na praza de abastos están todos ocupados e hai asociacións que non contan cun espazo de reunión e traballo. Como a situación económica actual non lles permite paga aluguer é polo que, entre outras cousas, unha ou dúas desas vivendas baleiras se destinarán a locais para asociacións. Serán compartidos porque tampouco hai máis”.
O alcalde burelés lembrou que “as vivendas construíronse practicamente de forma simultánea co colexio e son propiedade municipal, pero están afectadas a un uso que é o de residencia dos mestres. Como hai dúas que están a ser ocupadas e utilizadas por profesores e outras dúas que teñen usos vinculados coa docencia, as outras catro consideramos que poden ter outro uso, porque neste momento están a ser infrautilizadas”. E subliñou que “a adecuación para servizos sociais correría a cargo do Concello, pero fariámolo de xeito paulatino, un ano unha, ao seguinte outra, pero sempre atendendo a criterios de mais deterioro. Primeiro irían as que están en peor estado e deixaríamos para o final as que están mellor”.
José María González Barcia indicou que “a desafectación de vivendas de profesores para destinalas a usos sociais non é a primeira vez que ocorre nun concello. En Burela só hai estas vivendas polo que este proceso de desafectación si que será o primeiro, pero como digo noutros lugares isto xa se fixo. En Xove, por exemplo, o Concello desafectou parte das súas vivendas para arranxalas e destinalas a pisos de aluguer barato para familias con necesidades. Esta é a posible solución que se lle podería dar a unha ou dúas vivendas do colexio Virxe do Carme”.
O alcalde dixo que “o asunto xa se falou coa Consellería de Educación, que o ve ben, a dirección do centro tamén o sabe e partires de aquí se inicia o expediente, que esperamos que se resolva canto antes e que acabe ben”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



