Ribadeo, 2 de xullo de 2013. Dende primeiros deste mes de xullo o Concello de Ribadeo repite iniciativas e pon ao servizo dos seus cidadáns e visitantes o bus praia, cun itinerario que percorre as praias ribadenses dos Castros-Illas, Esteiro e As Catedrais, e o bus turístico, que visita os lugares máis representativos e emblemáticos do Concello.
O bus praia, iniciativa do Concello e da empresa Eocar, leva en marcha xa varios veráns e, como explica a concelleira de Turismo de Ribadeo, Ana Martínez, “este repite grazas á súa boa acollida tanto por parte dos usuarios propiamente ditos das praias como pola xente que emprega este medio para achegarse a visitar As Catedrais. Ademais, o seu uso evitará aglomeracións provocadas tanto polos coches como polos problemas de aparcadoiro”.
O bo resultado dos horarios, paradas e prezo fai que se manteñan igual que o pasado ano e, segundo indica a edil nacionalista, “circulará diariamente dende xullo a agosto e a primeira quincena de setembro cun itinerario que sairá da oficina de turismo, pasando pola rúa Virxe do Camiño, a estación de autobuses, praia dos Castros-Illlas, praia de Esteiro e praia das Catedrais. Os horarios de saída dende a oficina de turismo serán ás 11:00, ás 15:15 e ás 17:45 horas, con volta dende a praia das Catedrais ás 13:30, ás 17:00 e ás 20:00 horas”.
Como o ano anterior, o billete de ida e volta custará catro euros para os adultos e a metade para os nenos. Pero para os asiduos tamén se mantén o bono a prezos reducidos, haberá un bono 10 viaxes por 20 euros.
A diferenza do bus praia, o bus turístico arrancou a súa andadura o ano pasado, pero o seu éxito fixo que, segundo conta a concelleira de Turismo, “ese percorrido histórico e medioambiental que nos leva polos arredores chegando incluso ata Rinlo, volva este verán ás rúas ribadenses con algunha pequena modificación atendendo á propia experiencia do ano pasado e permitindo así ós visitantes percorrer Ribadeo e os lugares máis próximos”.
O bus turístico, como sinala Ana Martínez, “conta cun guía e visita os lugares máis representativos e máis emblemáticos de Ribadeo, como son a baixada polo porto, o Cargadoiro, o Faro de Illa Pancha, a costa de Ribadeo cunha parada en Rinlo e, de volta, ensina as rúas máis emblemáticas da zona indiana, finalizando o percorrido no punto de partida, a oficina de turismo”.
A novidade para este 2013 radica no horario: “sairá da oficina de turismo ás 11:45 da mañá durante os fins de semana no mes de xullo e diariamente do 1 ao 18 de agosto, voltando na segunda quincena ás fins de semana, 24, 25 e 31 de agosto”. Pero non é o único cambio xa que a redución de percorrido respecto ao ano pasado provoca tamén a redución do prezo. Así, aclara a concelleira de Turismo, “a duración da ruta será dunha hora e quince minutos aproximadamente e o prezo por persoa adulta será de 6 euros e para os nenos de ata 12 anos, de tres euros”.
Ana Martínez engade que “toda esta información pode xa recollerse na oficina de turismo e que o Concello de Ribadeo, con esta iniciativa, busca pór á disposición dos visitantes os medios máis atractivos para que poidan percorrer e disfrutar da vila e da súa historia e así convertela nun permanente atractivo turístico”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



