Santiago, 10 de xullo de 2013.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou este mércores 10 de xullo a súa satisfacción pola declaración institucional aprobada de xeito unánime na Deputación Permanente en defensa do sector naval galego, “nun momento relevante xa que mañá terá lugar en Bruxelas a reunión entre o comisario da Competencia, Joaquín Almunia, o ministro de Industria e os presidentes das comunidades de Galicia, Asturias e o País Vasco”.
Pedro Puy fixo un repaso desde a aplicación do réxime fiscal do tax lease no ano 2002 ata a actualidade, con referencias á apertura de expedientes tanto a Francia como a España e a autorización de novos beneficios fiscais a España por parte da Unión Europea.
ARGUMENTOS XURÍDICOS SÓLIDOS
“A devolución das axudas directas concedidas a través do tax lease desde o ano 2005 sería un drama e suporá a práctica desaparición do sector naval galego”, sinalou o portavoz popular. Neste sentido, apuntou que a devolución de máis de 2.800 millóns de euros por parte do sector naval español “ten un claro beneficiario: os competidores dos estaleiros galegos”.
“A posición galega e española ten argumentos xurídicos sólidos”, afirmou Puy. En concreto, citou o principio de seguridade xurídica, “respaldado por unha carta da propia comisaria Neelie Kroes de 2009 que avalaba o tax lease ao non atopar indicios de discriminación”, así como no propio Estado de Dereito de Europa, como mesmo se recolle na xurisprudencia do Tribunal Constitucional de España e Alemaña. Pero tamén fixo referencia ao principio de proporcionalidade, “xa que non se pode impoñer unha sanción a un sector que supón a perda de 87.000 postos de traballo a nivel nacional”.
Pedro Puy salientou que a Xunta de Galicia leva investidos máis de 80 millóns de euros no sector naval, ao tempo que destacou actuacións concretas para reflotar PYMAR, apoiar a formación dos traballadores do sector naval, as axudas para a subsistencia de Vulcano ou Factoría Naval de Marín e as negociacións levadas a cabo en diversos ámbitos para a consecución de carga de traballo. “Ata o punto de que os propios socialistas acusaron ao Presidente da Xunta de actual de comercial de Navantia”, dixo.

















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



