O xogo coeducativo Trivial Feminista, un proxecto impulsado e creado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración con dez IES da Mariña de Lugo, non deixa de sorprender. Dende a súa presentación, o pasado mes de abril, xa se distribuíron practicamente todos os Trivials Feministas editados e o Observatorio foi convidado a presentalo en diversas xornadas: nas Xornadas das Mulleres organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega en Pontevedra no mes de maio, no curso de verán da Universidade da Coruña e o IES Monte Castelo Facendo a ciencia accesible desde a divulgación, que tivo lugar en Burela na primeira semana de xullo ou nas XIII Mulleres en Acción da 30 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCF) que tiveron lugar este pasado fin de semana en Cangas do Morrazo.
Precisamente en Cangas do Morrazo o Observatorio da Mariña pola Igualdade recibiu un importante recoñecemento por crear o Trivial Feminista. O xogo coeducativo foi presentado o sábado 6 nas XIII Xornadas Mulleres en Acción (enmarcadas na 30 MITCF) na Sala de Exposicións do Auditorio de Cangas, nunha mesa redonda sobre proxectos activos nas que tamén estaban as compañeiras da libraría feminista Lila de Lilith de Santiago de Compostela e as Maribolheras Precarias da Coruña presentando os seus proxectos.
O domingo 7 ás 22.30h, na clausura da 30 MITCF, o Observatorio recolleu o II Premio Mulleres en Acción por impulsar e crear o Trivial Feminista, un xogo coeducativo que ten por obxectivo visibilizar e pór en valor as achegas e logros das mulleres de todas as partes do mundo e de todas as épocas históricas. Unha honra e un agasallo que o Observatorio recibiu con ilusión e emoción ante un ateigado Auditorio.
O Premio Mulleres en Acción, que na súa primeira edición o ano pasado foi outorgado a María Xosé Queizán, referente do feminismo galego, supón un recoñecemento moi significativo a nivel galego para unha asociación feminista tan moza como o Observatorio da Mariña pola Igualdade, que ten como ámbito de actuación a Mariña de Lugo e que dos cinco anos que leva en activo case dous estiveron dedicados a elaborar o Trivial Feminista.
O Trivial Feminista, que conta con 1000 preguntas sobre mulleres (200 de Ciencias, 200 de Xeografía e Historia, 200 de Arte e Literatura, 200 de Deportes e 200 de Cultura e Espectáculos) foi posible grazas á implicación da maioría dos IES da Comarca, aos que o Observatorio lles quere agradecer de novo o seu traballo: IES de Alfoz, IES de Foz, IES Perdouro e IES Monte Castelo de Burela, IES Dionisio Gamallo Fierros e IES Porta da Auga de Ribadeo (agora IES Ribadeo), IES Marqués de Sargadelos de Cervo, IES San Rosendo de Mondoñedo, IES Vilar Ponte de Viveiro e IES Illa de Sarón de Xove. Un total de 10 dos 12 IES da Mariña.
Quen desexe adquirir un Trivial Feminista pode poñerse en contacto co Observatorio a través do mail observatorioigualdade@gmail.com ou no teléfono 627.037.668. O Trivial Feminista ten un prezo de 40 euros (35 euros para soci@s do Observatorio).























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



