O pianista catalán Emili Brugalla, integrante do “Trío Kandinsky”, ofrecerá un concerto gratuíto o martes 23 ás 21.00h na tenda de música Vírgula (Rúa Enxeñeiro Schultz, nº2. Ribadeo). A entrada é libre, con aportacións voluntarias para o proxecto social “O Formigueiro”. O programa do concerto titúlase Arabesc “La huella de Al-Andalus en el piano moderno”, e recolle música de Mompou, Debussy, Guinjoan, Granados, Falla…
O proxecto social “O Formigueiro” recibirá un novo empuxe grazas á colaboración desinteresada do famoso pianista Emili Brugalla, que está a pasar uns días de lecer pola zona de Ribadeo. O músico celebrará un concerto gratuíto, cun programa titulado Arabesc “La huella de Al-Andalus en el piano moderno”, que recolle música de Mompou, Debussy, Guinjoan, Granados, Falla… O obxectivo deste concerto é recaudar fondos para o financiamento dos diferentes proxectos que está levando a cabo “O Formigueiro”.
Entre estes proxectos atópase o arranque e mantemento dunha explotación hortícola para o autoconsumo que se leva a cabo grazas á cesión, tamén de xeito desinteresado, dunha casa e varias fincas por parte dunha veciña de Vilaselán. “O Formigueiro” creará tamén un roupeiro con taller de costura, un espazo-biblioteca para o intercambio de libros de texto e un banco do tempo.
“O Formigueiro” é un proxecto de cooperación social, que naceu a finais de 2012 impulsado pola asamblea de desempregadas/os no marco do Ribadeo solidario. Esta iniciativa busca cambiar a realidade dende abaixo con base na confianza, o respeto e o apoio mutuo. Está aberta á participación de todas as persoas.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



