Ribadeo, 11 de xullo de 2013. O pleno ordinario que se celebrará este venres, 12 de xullo, no Concello a partires das 20 horas abordará a aprobación provisional do PXOM. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, amósase satisfeito polo traballo realizado entre todos os grupos políticos con representación no Concello, di que “esta é unha meta volante” e que “xa se pode ver a luz ao final do túnel”. Unha vez que o PXOM sexa aprobado provisionalmente será a Xunta a que disporá de varios meses para estudalo, aceptalo ou desestimalo.
O rexedor contou que “este pleno ordinario realmente só vai ter un punto dada a transcendencia e a importancia que este asunto ten para Ribadeo e que leva xerado numerosos titulares de prensa e comentarios nos últimos 10, 12 ou 13 anos. Trátase do plan xeral de ordenación municipal”.
Suárez Barcia indicou que “nos sentimos moi orgullosos, tanto eu como o equipo de goberno, e creo que toda a Corporación tamén, porque para a elaboración deste documento, que xa aprobamos inicialmente por unanimidade e que tivo dúas exposicións públicas (a última delas o ano pasado), todos os grupos da corporación (o Bloque, o PP, o PSOE e máis UPRI) actuamos entendo que con nobreza, polo que os veciños de Ribadeo poden estar orgullosos dos seus concelleiros neste caso”.
O alcalde foi cauto á hora de prever o desenlace da sesión plenaria de mañá: “desde logo non me atrevo a dicir que posición pode tomar cada grupo no pleno de mañá, quero ser absolutamente respectuoso pois non sei se van votar si, non ou se se absterán. O único que podo dicir é que o traballo foi feito entre todos, a información e as múltiples reunións coa empresa redactora do plan, cos técnicos municipais, cos arquitectos, cos representantes de todos os grupos sempre foi así: para estimar ou non as alegacións, para interpretar os múltiples informes sectoriais que teñen que formar parte dun plan (de Costas, de Estradas, de ferrocarrís, de Medio Ambiente, de Patrimonio, etcétera). Son practicamente 20 informes diferentes que hai que cumprir, que moitas veces entre eses informes, feitos por outras administracións, hai contradicións. Incluso durante a tramitación do plan hai unha serie de normas autonómicas ou estatais que están en continuo cambio”.
Fernando Suárez cre que “todos podemos dicir que traballamos como formiguiñas, moitas veces sen dar máis información que a necesaria. Pero agora é cando todo se pon xa encima da mesa, é a hora de votar a aprobación provisional deste plan xeral, entendendo que é o acto administrativo máis complexo ao que se pode enfrontar un Concello. Pero este non é o último, é unha meta volante, porque unha vez que se aprobe provisionalmente por parte do Concello será a Xunta, que ten un prazo de varios meses, a que diga se o estima ou non ou se o fai parcialmente. Normalmente non hai ningún Concello ao que á primeira a Xunta lle aprobe definitivamente o plan, pero desde logo chegados a este paso a luz que se pode albiscar ao final do túnel xa é posible, real, nun período de tempo que tampouco me atrevo a dicir pero que, desde logo, será razoable”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



