Lugo, 9 de xullo de 2013.- O Partido Popular na provincia de Lugo vén de poñer en valor as medidas que está adoptando o Goberno central “con clara vocación municipalista” en apoio da sostibilidade financeira dos concellos e para evitar a morosidade.
Os populares lucenses están convencidos en que mellorar a situación dos concellos tradúcese nunha mellor prestación dos servizos aos cidadáns e que polo tanto, dispoñer dunhas facendas municipais saneadas e que pagan en tempo as súas facturas terá unha repercusión directa en beneficio dos seus veciños e das empresas locais.
MEDIDAS DE FUTURO
O PP lembra que neste ámbito veñen traballando con intensidade nos últimos tempos e que agora, como complemento ás medidas impulsadas polo Goberno, que serviron para solucionar as débedas pasadas, habilítanse novas medidas para manter estes apoios de cara o futuro.
DESTINAR REMANENTES A NOVOS INVESTIMENTOS
Así por exemplo a administración central permitirá que os concellos con superávit, destinen os remanentes de crédito a realizar investimentos nos seus municipios, en lugar de reducir débeda. En resume destinar eses cartos a financiar ás necesidades xerais e non só a diminuír a súa débeda financeira. Na práctica isto permitirá que os interventores poidan acelerar os expedientes de abono
NOVO PLAN DE PROVEDORES
Por outra banda, poñerase fin aos impagos nos que se poida ter incorrido nos últimos tempos xa que logo aprobouse un novo plan de provedores cun tipo de interese moi positivo. Ademais como gran novidade poderán compensarse de xeito voluntario pero automático as débedas que as Comunidades Autónomas teñen cos concellos.
PLAN ESPECIAL DE APOIO
O Goberno aprobou tamén un plan extraordinario de axuda aos concellos con especiais dificultades que de xeito voluntario e con condicións moi beneficiosas recibirán unha serie de axudas directas destinadas a garantir a súa liquidez.
A TODOS POR IGUAL
O PP sinala que o esforzo financeiro da administración central faise para mellorar o financiamento e garantir a sostibilidade de todas as entidades locais sen distinción política ningunha.
Os populares recordan tamén que cando o PP estaba na oposición xa propoñía medidas por exemplo o plan de pago a provedores, que eran cualificadas polo PSOE como medidas imposibles e solucións falsas e contraditorias. Agora demostrouse que desde o PP se propoñían cousas posibles, moi sensatas e necesarias, que si se fixeran antes incluso terían contribuído a salvar miles de postos de traballo e evitar a pechadura de centos de empresas, como están a facer agora.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



