“Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos saír ó paso do comunicado de prensa que se fixo dende o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela” este martes 9 de xullo, segundo manifestan.
En primeiro lugar, e “tal e como recoñece o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, temos que dicir que é mentira que o Concello de Burela teña ó día o pago das facturas que se adeudan hoxe por hoxe por parte do Concello de Burela”. Nese senso, recordan que “o equipo de “desgoberno” de Burela para poder facer fronte ós pagos tivo que pedir un crédito dun millón de euros que imos a ter que pagar os veciños e veciñas de Burela nos vindeiros 10 anos, este equipo de “desgoberno” ten hipotecada e intervida a economía do Concello para moito tempo”.
En segundo lugar, “non entendemos o afán do Sr. Barcia en vender fume e saír na foto facendo autobombo da súa “xestión”, falando de austeridade e control do gasto cando, por exemplo, é capaz de gastar máis de 12.000 euros en dietas (ano 2012), 1.800 euros nun fin de semana en comilonas (festas de 2012) aínda non sabemos o que gastaron no 2013, ou manter un goberno con tres dedicacións exclusivas que nos costa ós veciños de Burela máis de 120.000 euros ó ano”.
En terceiro lugar, “segundo a nota de prensa que se saca dende o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela, parece que o que pon os cartos para pagar as facturas son os propios membros do equipo de “desgoberno”, cando calquera pode comprobar como o Imposto de Bens Inmobles (IBI), que está ó cobro incrementouse en torno a un 10% no ano 2013, o prezo da auga e o lixo tivo outra subida espectacular, os impostos e taxas do Concello foron subidas por encima do IPC en torno a un 4% no ano 2012, o alumeado das rúas está apagado, as asociacións están sen recibir nin un só euro de axudas, e non se fai nin unha soa obra que chame algo a atención no pobo de Burela”, critican os socialistas.
“Dende o PSdG-PSOE de Burela non entendemos como se pode ter a desvergoña política de saír á prensa a anunciar medias verdades, por non dicir mentiras, e esixímoslle ó equipo de “desgoberno” que se poña a traballar dunha vez; xa que leva dous anos de mandato que en pouco ou nada se lle solucionaron ós problemas os veciños e veciñas de Burela”, conclúen.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



