A colaboración veciñal fai posible a celebración dunha nova edición do Mercado Medieval de Alfoz que se celebrará durante a noite do venres 19 de xullo e o sábado 20.
A principal novidade deste ano será a celebración dunha revolta irmandiña na noite do venres debido “ó bo sabor de boca que quedou do ano pasado”, segundo a organización. Tamén haberá a posibilidade de cear no entorno da torre acompañados de música e animación.
O sábado manterase a base da programación doutros anos. “Non arriscamos demasiado pero apostamos mais pola decoración e a escenificación. Imos por toda a carne no asador para agradar mais aos visitantes. En xeral un programa apto para tódolos públicos, para tódalas idades e tódolos estados de ánimo. E por suposto con sorpresas”, segundo advirte Luís Miguel Yáñez, voceiro da organización.
Os interesados en participar poden contactar coa organización nos teléfonos 982 558 581, 619 913 321, 600 377 152 ou por correo electrónico a través do enderezo turismoalfoz@gmail.com.
Presentación oficial
“Como en pasadas edicións non haberá presentación oficial, pois non caberían nin poderían estar todos os que levantan este evento de novo. Outra vez máis a colaboración veciñal é clave e decisiva”, recordou Yáñez.
Documental
Todos os participantes serán protagonistas dun documental conmemorativo que rodará a produtora G Seis durante as dúas xornadas.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



