O Deputado socialista José Ramón Val presentará unha proposición non de Lei no Parlamento galego para esixir á Xunta que manteña, como mínimo, a mesma plantilla coa que contan na actualidade as escolas infantís dos concellos do Valadouro e Foz. O tamén secretario comarcal do PSOE na Mariña formulará esta iniciativa parlamentaria ante a decisión do Goberno de Feijóo de privar a estes municipios de senllas monitoras encargadas de atender ós nenos de 0 a 2 anos para trasladalas ó centro infantil de Alfoz.
Trátase dun “novo recorte nos servizos sociais” que Feijóo pretende aplicar na Mariña “pola porta de atrás”, pois trátase, “como fai sempre o PP, dunha decisión unilateral e sen dar ningún tipo de información ós respectivos Concellos, a pesar de que son estes os que asumen os custes de mantemento, limpeza, vixiancia e seguridade, e a pesar de que teñen un convenio asinado coa Xunta”, subliñou Val. Por todo isto, o socialista levará tamén á Cámara autonómica unha batería de preguntas para saber se a Xunta “pensa que redundindo a plantilla se pode manter a mesma calidade de atención ós nenos do Valadouro e Foz”, ademais de coñecer “cales son os seus plans reais para a educación na Mariña”.
José Ramón Val cre que a Xunta debe “dar explicacións canto antes sobre cales son as súas verdadeiras intencións en materia de servizos sociais nesta comarca. Dende logo, podémonos esperar calquera cousa, despois de que o Presidente da Xunta decidise unha mañá que deixaba de pagar o Servizo de Axuda do Fogar, desentendéndose de 3.000 lucenses e poñendo en perigo 2.000 empregos. Dediciu moi comodamente que o pagase outro”.
Balseiro, “unha balsa de aceite”
Val criticou por outra banda que o secretario provincial do PP, José Manuel Balseiro, se estea a comportar “como unha balsa de aceite ante os continuos abusos perpetrados nesta comarca polo PP”. “Cala ante a supresión dunha praza de médico en Cervo, a pesar do profundo e xeralizado rexeitamento que esta medida está provocando entre os seus veciños”, asegurou Val, quen instou a Balseiro a deixar de permitirlle a Feijóo “o dereito de pernada”, pois “os mariñanos non merecen un representante político que antepoña por riba de todo os intereses de partido”.




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



