Unha nova cita gastronómica repite este ano en Xove, lugar onde o vindeiro 20 de xullo vai ter lugar a IIª FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animou a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa.
O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei.
As distintas especialidades que se van ofrecer, son:
-RACIÓN DE PERCEBES + PLATO CONMEMORATIVO…..10 €UROS.
-RACIÓN DE EMPANADA DE PERCEBES…………………… 3 €UROS.
-RACIÓN DE EMPANADA DE ZAMBURIÑAS………….……. 3 €UROS.
-RACIÓN DE EMPANADA DE MEXILÓNS………….…………3 €UROS.
-RACIÓN DE EMPANADA DE BONITO………………………..3 €UROS
Esta oferta vai estar acompañada, para aqueles que o desexen, por un viño de albariño, a un prezo popular de 5 €uros a botella. Lóxicamente, tamén haberá todo tipo de bebida para os que collan outras opcións (augas, refrescos, cervexas, viño, etc.).
Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación de DISCOMOVIL DP, que van por o punto musical á mesma. Tamén van animar esta festa, alternándose coa Discomóvil, os gaiteiros de Saiñas, que sen dúbida lle van dar un sabor local á mesma.
A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.
A organización desta Festa corre a cargo da Asociación de Festexos A Medorra, co fin de recadar fondos para organización das Festas Patronais de Portocelo de comezos do mes de setembro. A organización conta coa colaboración do Concello de Xove, a Cofradía de Pescadores de San Ciprián, o Grupo de Acción Costeira de A Mariña-Ortegal da Xunta de Galicia, O Ministerio de Agricultura e Alimentación e o Fondo Europeo de Pesca.
Para rematar, aproveitar para invitar a participar nesta Festa a tódolos xovenses e mariñáns, así como a tódolos que nos visitan nestas datas estivais.