O vindeiro mércores, 10 de xullo, na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha reunión informativa sobre a Feira Multisectorial de Mostras e Salón do Automóbil que terá lugar do 22 ao 25 de agosto na explanada portuaria. Ó encontro están convocados todos os que estean interesados en expoñer, socios, e non socios da Asociación de Comerciantes de Foz, e persoas doutras localidades. Tamén acudirán as firmas que xa están inscritas e que superan o medio centenar. Na xuntanza, que dará comezo ás 20:30 horas, tamén se presentará un avance das actividades que se desenvolverán na Feira Multisectorial de Mostras e Salón do Automóbil.
Xuntanza da Feira Multisectorial de Mostras e Salón do Automóbil de Foz
Xuntanza da Feira Multisectorial de Mostras e Salón do Automóbil de Foz
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón