O vindeiro xoves, día 22 de agosto, remata o prazo de inscrición para participar na viaxe ao parque acuático de Cerceda organizada polo Concello de Lourenzá para os nenos e nenas maiores de 6 anos e os familiares que queiran acompañalos. A concelleira de Educación e Cultura, Lupe Flórez, explicou que das 51 prazas que hai quedan por cubrir 10. Os interesados en ocupar algunha delas poden inscribirse nas oficinas municipais en horario de 8:00 a 15:00. A viaxe realizarase o día 26 deste mes, luns. A saída de Lourenzá está programada para as 10 da mañá e o regreso está previsto para as 8 e media da tarde.
10 prazas libres para viaxar ao parque acuático de Cerceda
10 prazas libres para viaxar ao parque acuático de Cerceda
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón