Este mércores 7 de agosto presentouse no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro a primeira edición da Festa Gastronómica dedicada á Troita que promove o Departamento de Cultura. Degustación de troitas con xamón e cachelos e a I Ruta da Tapa da troita polos locais de hostelería de Ferreira son os dous pratos fortes da xornada. A maiores complétase con música e baile tradicional, actividades de animación e exhibición das arte da pesca a cargo da Asociación Amigos do Ouro que colabora neste evento. A cita desenvolverase o sábado 17 de agosto a partir das 13:00 horas no Parque Concepción Arenal. Ao acto de presentación asistiron a concelleira de Cultura e Servizos Sociais do Concello de O Valadouro, María José Fernández, un membro da Asociación de pescadores Río Ouro, Roberto, e o coordinador, Marco Uría.
