A vicevoceira provincial socialista, Pilar García Porto, adiantou este venres que a Deputación ofrecerá en 2014 outras 50 bolsas de formación en Europa para mozos lucenses titulados que se atopen en situación de desemprego e busquen mellorar idiomas, coñecementos e contactos para poder traballar posteriormente en España. A Unión Europea premia deste xeito a boa xestión dos fondos comunitarios que a institución provincial vén levando a cabo neste eido e que leva permitido a máis de 200 mozos adquirir formación e completar os seus coñecementos en empresas de diferentes países europeos para obter un traballo no seu país de orixe.
Outro medio cento de titulados lucenses poderán completar a súa formación en empresas de Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda, entre outros, grazas á esta nova convocatoria. A memoria deste proxecto, cun valor de 230.000 euros –dos cales 153.000 son fondos comunitarios-, foi aprobada hoxe en Xunta de Goberno. Con estas novas bolsas, serán máis de 200 os mozos que en apenas dous anos completaron a súa formación, acorde coas súas titulacións relacionadas con sectores coma a os da agricultura, pesca, silvicultura, protección do medioambiente, turismo, informática, ciencias da vida, innovación ou deseño.
García Porto avanzou que a posta en marcha deste tipo de iniciativas, destinadas a combater o paro xuvenil. Precisamente nos vindeiros meses, comezará a proceso de selección dos 50 mozos que se formarán en Europa coa convocatoria 2013.
Peche de Alimentos Lácteos
García Porto trasladou o pesar e a indignación do goberno provincial ante o peche da planta de Alimentos Lácteos, ubicada en Outeiro de Rei, e ante a que “Núñez Feijóo e o seu equipo de goberno volverán lavar as mans, malia ser directamente responsables da situación das preto de 1.000 familias lucenses que vivían da actividade de Alimentos Lácteos”.
A Deputada subliñou que o peche da planta “é a crónica dunha morte anunciada, provocada pola nula capacidade de xestión da Xunta de Galicia”. Logo de que o executivo autonómico desoíse no 2010 as voces, entre as que estaba a da Deputación de Lugo, que propoñían a que sería “a gran unión do cooperativismo gandeiro galego”, a unión de ata 24 cooperativas nun proxecto que aproveitaba a capacidade total de produción da que era a fábrica máis moderna de Galicia. Finalmente, a Xunta decidiu unilateralmente apostar por “unir 11 cooperativas do seu agrado” atendendo, segundo subliñou García Porto, “a criterios máis ou menos espúreos, entre os que, dende logo, non estaban nin a viabilidade do proxecto nin o interese xeral”.
García Porto destacou que ante a “discriminación continua” que sofre a provincia de Lugo por parte da Xunta de Galicia, na Deputación “seguiremos a traballar para facer do principal motor económico desta provincia un sector punteiro; seguiremos adiante coa construción do 1º centro público de recría, seguiremos adiante na loita de conseguir que os nosos gandeiros cobren polo leite o que realmente vale, con ou sen o apoio da Xunta”
Outros asuntos
Na mesma Xunta de Goberno deuse conta doutros asuntos, coma a comunicación de dúas sentencias firmes a favor da Deputación, coma a que desestima a reclamación responsabilidade patrimonial da Deputación polos danos causados nun vehículo, tras a irrupción dun xabarín na estrada provincial CP-4711, de Pino a Pacios de Veiga, no Concello de Pobra de Brollón, e na que o Xulgado do Contencioso-Administrativo estima que a institución provincial non é, de ningún xeito, responsable dun feito totalmente imprevisible por non ser dita estrada paso habitual de fauna salvaxe.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



