Burela, 1 de agosto de 2013. A primeira fin de semana de agosto está marcada con letras de ouro no calendario turístico da provincia de Lugo, segundo o alcalde de Burela, José Mª González Barcia. Este mediodía presentáronse na capital Produart e a festa do bonito.
O rexedor sinalou que “un ano máis Burela chega a unha importante cita no seu calendario de verán, que está marcada con letras de ouro no calendario turístico desta provincia. Trátase da primeira fin de semana de agosto na que conflúen en Burela a festa do bonito e Produart. Hoxe presentamos en Lugo a XIII edición de Produart e a XIX da festa bonito para que o conxunto dos veciños e veciñas da capital e da zona interior da provincia se acheguen a vindeira fin de semana a Burela”.
González Barcia explicou que “Produart é unha feira que se basea nos produtos ecolóxicos e artesanais e está organizada pola Fundación Expomar, porque dentro dos seus obxectivos están os de preservar e traballar en materia de educación ambiental. Unha mostra da confianza que os expositores teñen tanto na feira como na propia organización é que neste 2013 temos 60 firmas que repiten con respecto a anos anteriores”. Para o alcalde de Burela “esta feira está consolidada, aínda que pode pasar por diversos avatares en función das distintas circunstancias socioeconómicas que se poidan vivir”. E tivo palabras de agradecemento “para o traballo realizado desde a Fundación Expomar, encabezada pola súa xerente, Catalina Sánchez, para manter esta actividade que naceu no seu momento coma un experimento e que hoxe está perfectamente consolidada”. A inauguración de Produart está prevista para mañá ás 19 horas na nave de redes en Burela e a continuación xa haberá diversas actividades relacionadas coa educación ambiental e coa agricultura ecolóxica, que seguirán durante toda a fin de semana.
Sobre a festa do bonito José Mª González Barcia subliñou que “isto é todo un acontecemento. Si chegar a unha décimo terceira edición, como Produart este ano, nos podemos imaxinar a complicación que ten chegar á vixésimo novena edición da festa do bonito, unha cita que ao longo dos anos ten visto de todo”. O rexedor fixo un recoñecemento e un agradecemento públicos “tanto á Sociedade Cultural Ledicia como ás persoas que colaboran con eles para facer ano tras ano a festa do bonito, porque sen eles sería practicamente imposible disfrutar desta cita”.
O alcalde de Burela lembrou que “a festa do bonito foi declarada de interese turístico galego en 1999. Ten unha connotación histórica e de recoñecemento do que o noso pobo lle debe ao bonito. O porto de Burela e esta vila non serían o que son si non se tivesen dado nas décadas dos 40, 50, 60 e 70 campañas do bonito importantes, que xeraron importantes ingresos, que trouxeron consigo a capitalización do sector e polo tanto a posibilidade de diversificar a actividade da flota pesqueira noutros mares e noutras especies”. González Barcia aludiu ao compoñente gastronómico da festa, “de todos é sabido que o bonito do norte está capturado con artes respectuosas co medio ambiente, como a cacea, e estamos diante dun produto de primeira calidade que desde o Concello e desde Burela nos preocupamos e nos ocupamos de divulgar porque sabemos que nesto nos xogamos moito: o prestixio do bonito en si, o futuro da festa en si mesma e un aspecto turístico transcendental para Burela, porque temos sido capaces de organizar unha primeira fin de semana de agosto o suficientemente atractiva e potente para poder captar visitantes non só da Mariña senón do resto da provincia de Lugo, da Coruña e do Occidente asturiano”.
O rexedor subliñou a participación que o Concello ten nos dous eventos tanto en Produart como na festa do bonito, “o Concello é o patrón titor da Fundación Expomar, e colabora de forma activa na organización da festa do bonito aportando todo o que pode desde recursos económicos ata humanos e físicos para que todo saia ben. Quero animar a todo o mundo a que se achegue a Burela esta fin de semana, aquí serán ben recibidos e se levarán un bo sabor de boca en base precisamente a ese bonito que poderán degustar en empanada, cocido ou á grella o sábado pola tarde-noite”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



