A Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza cursos de Iniciación á lingua galega para inmigrantes nos concellos de Ribadeo e de Burela. A finalidade deste curso é iniciar na lingua galega a todas aquelas persoas de fóra de Galicia e informar sobre as ofertas formativas lingüísticas para así favorecer a súa integración lingüística, social e laboral. No Concello de Ribadeo este curso realízase todos os luns e mércores do mes de agosto, en horario de mañá; e no Concello de Burela impartirase na última semana do mes de setembro, e tamén en horario de mañá.
A Mancomunidade realiza cursos de galego para inmigrantes