Burela (Lugo), 2 de agosto de 2013.- A comisión de valoración da Consellería de Traballo e Benestar vén de aprobar nove obradoiros de emprego na provincia de Lugo para este ano que beneficiarán a 192 persoas en situación de desemprego cun orzamento de 1,7 millóns de euros.
Así o anunciaron este venres a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, que visitaron os concellos de Foz y Burela. En concreto, os nove obradoiros corresponden a 21 concellos, xa que algúns organízanse de forma conxunta entre varias localidades: Burela, Cervo e Xove; Foz; Lugo; Outeiro de Rei, Cospeito, Castro de Rei e Abadín; Pantón, Sober, O Saviñao; Rábade, Begonte, Guitiriz e Xermade; Sarria; O Vicedo, Muras e Ourol; e Vilalba.
Ana María Díaz salientou que na comarca da Mariña haberá tres obradoiros (Burela, Cervo e Xove; Foz; e O Vicedo, Muras e Ourol) nos que participarán 62 persoas desempregadas e cun orzamento de máis de 550.000 euros.
O obradoiro de Burela, Cervo e Xove, con 22 alumnos, centrarase nas especialidades de albanelería, xardinería, axuda a domicilio e pintura cun orzamento de máis de 195.000 euros. Pola súa banda, o de Foz, para 20 alumnos e cun presuposto de máis de 177.000 euros, versará sobre xardinería, axuda a domicilio e albanelería; e, por último, o de O Vicedo, Ourol e Muras terá 20 alumnos, un orzamento de máis de 177.000 euros e as especialidades de axuda a domicilio e xardinería.
Díaz destacou as vantaxes destes proxectos: favorecen o acceso a un posto de traballo, ao tempo que ofrecen unha formación teórico e práctica de calidade, certificada e adecuada ao mercado laboral; e permiten a realización de obras ou servizos de interese para a comunidade.
Ademais indicou que ao rematar o programa, o alumnado recibirá un certificado de validez para todo o territorio nacional, que demostrará a súa preparación e habilidades e que “incrementará moi significativamente a súa empregabilidade”.
Precisamente este venres a directora xeral e a delegada entregaron os diplomas do obradoiro de emprego “Punta Ventoeira”, desenvolvido en Foz entre xaneiro e xuño deste ano e no que participaron 21 alumnos traballadores.
A nova programación
Raquel Arias incidiu en que a provincia de Lugo contará con nove obradoiros este ano. Aos da Mariña, hai que engadir os de Lugo; Outeiro de Rei, Cospeito, Castro de Rei e Abadín; Pantón, Sober, e O Saviñao; Rábade, Begonte, Guitiriz e Xermade; Sarria; e Vilalba.
O obradoiro que foi solicitado polo concello de Lugo centrarase na especialidade de documentación dixital e electrónica e beneficiará a 24 persoas desempregadas. Para poñelo en marcha, a Xunta investirá 213.000 euros.
Tamén foi aprobado o que foi solicitado conxuntamente polos concellos de Outeiro de Rei, Cospeito, Castro de Rei e Abadín. Neste caso, serán 22 os beneficiarios que recibirán formación en albanelería, xardinería e carpintería de armar. O orzamento desta iniciativa acadará os 195.000 euros.
Ademais, porase en marcha o obradoiro dos concellos de Pantón, Sober e O Saviñao. A formación dos 20 participantes estará especializada nos eidos de xardinería, aplicacións informáticas e carpintería. O financiamento deste programa mixto de formación e emprego ascenderá aos 177.000 euros.
No caso de Rábade, Begonte, Guitiriz e Xermade haberá 20 alumnos para a especialidade de albanelería, tamén cun orzamento de 177.000 euros. Así mesmo, Sarria poderá formar a 22 persoas desempregadas nos eidos de axuda a domicilio, albanelería e xardinería, cunha inversión por parte da Xunta de máis de 195.000 euros.
Por último, o concello de Vilalba desenvolverá un obradoiro con 22 traballadores en situación de desemprego nas especialidades de albanelería, soldade e alicatado, xardinería e carpintería.
En total, en toda Galicia vanse levar a cabo un total de 50 obradoiros, grazas a un investimento de preto de 10 millóns de euros que beneficiará a ao redor de 1.300 galegos e galegas.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



