Burela, 24 de agosto de 2013. A poboación de Burela segue en aumento a pesares da crise, segundo os datos que figuran no padrón municipal e que poden sufrir modificación ao longo das vindeiras semanas. A día de hoxe o concello conta con 9.780 habitantes, dos que o 12,96% son estranxeiros. Na actualidade conviven en Burela 44 nacionalidades ademais da española.
O 31 de decembro do 2012, o Instituto Nacional de Estatística publicou os datos oficiais que revelaban un aumento de 20 habitantes en Burela con respecto ó ano anterior, quedando a poboación total en 9.653 persoas. Destes case dez mil residentes, 1.206 eran estranxeiros, cun total de 715 homes e 491 mulleres. A porcentaxe de cidadáns doutros países representa o 12,45% da poboación total. As familias netamente estranxeiras que residen en Burela, é dicir aquelas nas que todos os seus membros son estranxeiros, son 280, segundo os datos do INE.
Nesa data, a finais do ano pasado, había 40 nacionalidades distintas ademais da española. A comunidade máis ampla era a caboverdiana, con 424 persoas, seguida por Perú con 163. Entre as máis pequenas, con un so membro cada unha, estaban, entre outros, Bulgaria, Irlanda ou Xapón.
A día 22 de agosto de 2013 o alcalde do Concello, José María González Barcia, ofrecía datos do padrón municipal: “datos non oficiais que poden sufrir modificacións ata que o INE os peche o 31 de decembro deste ano. Non son polo tanto datos concluíntes”. Ese informe amosa que a poboación total de Burela actualmente é de 9.780 persoas.
A poboación estranxeira aumentou respecto ós últimos datos oficiais do INE, sendo 1.268 persoas doutras nacionalidades e chegando xa a un 12,96% do total de persoas empadroadas no concello de Burela. Hai un incremento de 62 foráneos, dos que 739 son homes e 529 mulleres. O número de unidades familiares netamente estranxeiras, segundo o padrón municipal de Burela, é de 283.
A cifra de nacionalidades aumentou en catro, sumándoselles ás xa existentes Nicaragua, Panamá, India e Mauritania, cunha persoa representando a cada unha. A comunidade estranxeira máis importante segue sendo a caboverdiana, con 452 persoas, seguida de Perú no segundo posto con 177 membros. Bulgaria, Irlanda e Xapón seguen tendo soamente un residente, ó igual que Guinea-Bissau, que conta cun cidadán. Aumentou a poboación indonesia e china, esta última con nove membros, e a estadounidense conta con seis.
A pesares da crise actual a poboación de Burela segue a medrar, “algo no que tivo incidencia tamén o incremento das comunidades inmigrantes”, segundo indicou o rexedor, José Mª González Barcia.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



