A Asociación Cultural A Pomba do Arco vai organizar o Domingo 8 de Setembro unha viaxe cultural a Ribeira Sacra que pretende darlle continuidade ao traballo da mesma de dar a coñecer e divulgar o noso país desde unha perspectiva multidisciplinar e sen unha vocación erudita, pretendemos en fin descubrir Galiza.
A viaxe cultural que está aberto ao conxunto dos asociados da entidade e dos veciños da Mariña ten un custo de 20 euros para socios e de 25 euros para non socios, incluíndo nestas contías a totalidade dos custos das actividades, que no caso que nos ocupa refírense á viaxe en catamarán, á visita ao Museu Etnográfico da Ribeira Sacra, a Rota do Románico de Pantón e ao xantar que se celebrará na casa rural “Torre de Vilariño”, na localidade de Fión, Concello de Saviñao e que incluirá de primeiro pementos de piquillo recheos, empanada da casa e entremeses caseiros da zona e de segundo carne asada e pescada á galega.
O programa da excursión que partirá ás 8:00 de diante da Casa do Concello de Foz dará comezo cunha viaxe en catamarán polos canóns do Sil, con saída ás 11.00 h de Doade, percorrido polo Sil e chegada a Illa de Maiorgue onde se conservan restos dunha fortaleza templaria, dos poucos restos da orde do Temple nas terras de Lugo. Aínda antes de xantar realizarase unha visita ao Museu Etnográfico da Ribeira Sacra, situado no Pazo de Arxeriz en Fión, nunha extensa fica fundada polo filantropo Xan de Forcadas onde tuvo a súa orixe a misión biolóxica de Galiza e por medio da cal entraron no noso País un número importante de cultivos. Na actualidade este conxunto alberga a máis importante coleccións de batucos de Galiza, embarcacións e artes de pesca utilizadas nos rios, así como, a meirande colección de traxes do entroido ribeirao.
Unha vez rematada a xornada de mañá co xantar que vimos de referir percorreremos unha pequena mostra do amplo conxunto románico da zona que nesta ocasión centraremos no concello de Ribeira de Pantón, a empezar polo Mosteiro de San Salvador, unha construción do período do Cister, levantado no século X, rexentado por unha orde feminina a día de hoxe, a seguido visitaremos a igrexa de San Miguel de Eiré, do século XII, con restos prerómánicos e pinturas do século XV, para rematar coa visita a ermida de San Fiz de Cangas, edificación do período suevo, que garda os restos daquel grande galego do século IX que foi Roi López de Quiroga.
A viaxe cultural ten prazas limitadas, derivadas de que no catamarán só teñen cabida 50 viaxeiros, polo que pregamos a inscrición coa máxima premura e nunca despois do Xoves 4 de Decembro, a este respecto para apuntarse só hai que chamar ao número de telefono 606-630-113.





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



