Lourenzá (Lugo), 3 de agosto de 2013.- A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar, coa colaboración da Consellería de Medio Rural e do Mar, está a promover a constitución da primeira cooperativa especializada na comercialización da faba amparada baixo a Indicación Xeográfica Protexida ‘Faba de Lourenzá’ e outros produtos de horta da comarca da Mariña lucense.
Na actualidade, a produción e comercialización da faba da zona estase a desenvolver dun xeito individualizado. Trátase de motivar aos produtores para que aposten por realizar a súa actividade dun xeito regulado e profesionalizado baixo a fórmula empresarial cooperativa.
No transcurso desta acción promocional, representantes de AGACA desprazaranse este luns ata Ribadeo e o martes ata Alfoz e Lourenzá para manter reunións directas cos produtores e explicar os pasos técnicos a seguir na constitución dunha cooperativa deste tipo.
En total, entre 2009 e ata o de agora constituíronse na Comunidade autónoma 224 iniciativas deste tipo, das que 33, cun total de 197 socios, naceron no primeiro semestre deste ano. Galicia conta na actualidade con preto de 1.200 cooperativas que aglutinan a máis de 90.000 socios e crean máis de 18.000 postos de traballo.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



