Os equipos masculino e feminino do Burela FS Pescados Rubén afrontan a súa terceira semana de preparación con alicientes de elite no Horizonte Laranxa. O cadro de Juanlu, en Primeira LNFS, medirase ao Azkar Lugo enTapia de Casariego (venres 23, 19.00 horas) e ao Santiago Futsal, no Memorial Celso Currás de Trabada (sábado 24, 20.30 horas), onde a escuadra de Primeira RFEF, baixo a batuta de Quico Otero, tamén se verá as caras co Ponte Ourense (sábado 24, 18.30 horas).
Ambos os adestradores amósanse moi satisfeitos co traballo dos equipos laranxas. “Estanse cumprindo os obxectivos, a actitude de traballo é boa. Estou moi contento coa actitude do grupo, sobre todo cos máis novos, que están respondendo moi ben; os xogadores levan pouco tempo xuntos pero aínda así xa se palpa a boa relación que existe entre todos” explicaba Juanlu, que, sen darlles demasiada importancia, apuntou aos amigables desta semana como un bo termómetro para analizar o traballo de pretempada; “medirnos a rivais de entidade serviranos para ver onde estamos, coa preparación xa bastante avanzada”. O técnico laranxa tamén agradece que os problemas físicos estean respectando o equipo nun período con moita carga de traballo.
Neste sentido, tamén falou Quico Otero: “Estamos adquirindo un bo ton físico; realizamos moitas sesións e iso nótase en sobrecargas, algo normal en pretempada, pero debemos pensar en que todo o que traballemos agora vai sumar para despois. Hai que traballar para estar se non ao 100% si ao 90% para o 7 de setembro, coa Supercopa” aseguraba o adestrador burelista, valorando tamén a entidade e os acertados reforzos do seu próximo rival, o Ponte Ourense.
Vilalba FS 0-10 Burela FS
Os goles laranxas brillaron nas primeiras probas de pretempada para os conxuntos da Mariña. A escuadra de Juanlu regresou de terras chairegas con 0-10 sobre o Peugeot Vilalba FS, de Terceira, no Memorial Francisco Javier González Vázquez. Nas filas burelistas participaron Brais, Mimi, Jorge, Iago Míguez, Isi, Juanma, Hugo, Matamoros, Christian, Antoñito, Carlitos, Alemán, Álex e Edu.
Goles: 0-1, minuto 16, Iago Míguez; 0-2, minuto 23, Alemán; 0-3, minuto 27, Mimi; 0-4, minuto 28, Mimi; 0-5, minuto 25, Hugo; 0-6, minuto 32, Jorge; 0-7, minuto 33, Matamoros; 0-8, minuto 33, Matamoros; 0-9, minuto 33, Matamoros; 0-10, minuto 34, Iago Míguez.
Viaxes Amarelle 2-3 Burela FS
As pupilas de Quico Otero tamén superaron o primeiro amigable con éxito; impuxéronse por 2-3 ao tamén honorable Viaxes Amarelle. “Nos 12 primeiros minutos houbo bastante igualdade, enfrontámonos a un rival ben colocado e con xente moi corpulenta, con certa lentitude lóxica pola nosa parte, motivada pola carga de traballo. Pouco a pouco fomos soltándonos, conseguimos ser superiores e reducimos enormemente as súas ocasións” analizaba o técnico viveirense.
Por parte do Viaxes Amarelle FSF xogaron Leti, Lucía Nespereira, Lago, Dolo e María, no cinco inicial ademais de Patricia, Musta, Luci, Cruz e Montse. No Burela FS Pescados Rubén saíron Patri, Peque, Maite, Lidia e Bea Mateos no cinco inicial; tamén xogaron Silvia, Lara, Claudia e Paula.
Goles: 1-0, minuto 9, María; 2-0, minuto 12, Patricia; 2-1, minuto 14, Claudia; 2-2, minuto 22, Bea; 2-3, minuto 33, Lidia.




















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
