O Teatro de Ribadeo acollerá entre o 26 e o 28 de agosto o Ciclo de Cinema Árabe JLai Amal cada día a partir das 21.30 horas e con entrada de balde. O luns proxectaranse as curtas Ensemble e Rabat, ambas de corte documental, dirixidas por Mohamed Fekrane e de nacionalidade francesa. A primeira baséase na historia real dun neno xudeu que se refuxia na Gran Mesquita de París escapando dos nazis, mentres que a segunda fala da amizade de tres mozos que emprenden unha viaxe dende Holanda a Marrocos analizando tamén o conflito entre os valores de modernidade e tradición que vive a poboación inmigrante nos países occidentais. O martes proxectarase Le thé ou l’electricité, unha longametraxe sobre a modernización dunha pequena vila illada no corazón do Alto Atlas marroquí. Finalmente, o mércores será a quenda da curta Eid, sobre un artesán do plástico que vive en Palestina baixo a ocupación israelí, onde se adica á fabricación de obxectos con pezas que os demais considerarían refugallo; e Bromas Aparte, unha mediametraxe dunha directora moi nova que viaxou a Cisxordania convencida de que o humor non ten fronteiras.
Ciclo de Cinema Árabe en Ribadeo
Ciclo de Cinema Árabe en Ribadeo
Relacionado
-
O coro asturiano animAVoices presentará este sábado, 24 de maio, ás 12:00 h no Casino de Navia, o seu novo videoclip: unha emotiva versión coral da Miña mozuca, de Melendi
-
A guía Cristina Díaz Leguina acompaña desde Mondoñedo a un grupo de oito peregrinas provintes de Estados Unidos e Canadá.
-
Arte e denuncia: tres persoas creadoras da Mariña exhiben unha obra efémera sobre a situación sanitaria e foi retirada por orde da Dirección do Hospital