Máis dun cento de persoas participaron na Peregrinación Marítima que organizan cada ano a Deputación de Lugo e o Club Náutico de Foz. Unha xornada que reuniu un gran número de participantes xa que ademais dos particulares que se achegaron coa súa embarcación, este ano a organización deu a posibilidade a todo aquel que quixera de celebrar o seu bautismo de mar. Deste xeito tres embarcacións “charter” percorreron a ruta marítima que vai dende Ribadeo ou Viveiro ata Foz acompañando ós veleiros de particulares.
A Deputación apoia esta iniciativa porque considera o evento unha boa oportunidade para promocionar o turismo de costa, que goza, cada vez máis, dunha grande aceptación entre o público. Os organizadores consideran a cita todo un éxito xa que o número de participantes crece ano tras ano.
O bo tempo acompañou a xornada e ata a costa lucense se achegaron navegantes de toda Galicia e Asturias que non quixeron perder a oportunidade de desfrutar da viaxe. Nesta cita participan embarcacións de moi diversa clase que só teñen en común o amor polo turismo náutico e aproveitan a xornada para reivindicar melloras nos servizos dos portos lucenses. Así se puido ver navegando o “Dorelly” unha embarcación artesanal con velas de tea de algodón que contrastaba con outros barcos de primeira liña moi modernos. Tamén chamou a atención un Dufour 455 de máis de 10 metros de eslora e os chegados dende Avilés e Gijón, Budlleox e Montsacro. En definitiva, a xornada caracterizouse polo mar calmo, o sol e un ambiente festivo.
Á súa chegada a porto, os barcos que así o quixeron realizaron unha regata non competitiva e entre os participantes se repartirán trofeos conmemorativos esta noite na cea de Gala. As embarcacións participantes partirán mañá dende o porto de Foz cara ós seus lugares de procedencia.
O turismo náutico, en auxe
O turismo náutico supón un importante factor de crecemento a potenciar. Hai que ter en conta que a provincia lucense conta cunha situación estratéxica como punto de paso de embarcacións e cruceiros e con estupendas condicións de navegación nas rías; a localización dos seus portos nas inmediacións dos núcleos urbanos; os atractivos turísticos da zona, a gastronomía e a natureza son factores clave para axudar a un sector un auxe. Ademais, o turismo náutico está intimamente ligado ó turismo de calidade e, polo tanto, é unha fonte de riqueza, que permite, ademais, aproveitar de xeito sostible os recursos existentes da costa, respectando o medioambiente, un elemento fundamental para atraer a turistas á provincia de Lugo.
A Peregrinación Marítima de Cruceiros é unha das múltiples actividades que a Deputación de Lugo ten posta en marcha na Mariña, e que amosan as múltiples posibilidades da desestacionalización do turismo, a través das actividades de natureza, deporte ou medioambiente.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



