Do 20 ó 22 de agosto o Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro porá en marcha a 1ª Feira de Stocks, que estará ubicada nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela. Durante tres días, en horario de 10 a 14 e de 18 a 20 horas, os nosos clientes poderán comprar artigos de moda, calzado, complementos, deportes, óptica, cosmética, xoiería, mobles e decoración. Artigos en stock, das mellores calidades e a uns prezos tolos. Con esta iniciativa, os comercios poden dar saída a todo aquel stock que lles queda de temporada, rebaixando os prezos ó máximo, antes de dar entrada á nova temporada e ás novas coleccións. Animamos tanto a lugareños como a visitantes a que non deixen pasar esta oportunidade de facerse con artigos de moda e calidade a uns prezos irresistibles.
Feira de Stocks no Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro
Feira de Stocks no Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro
Relacionado
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba