Foz, 1 de agosto de 2013. Foz acolle neste mes de agosto unha ampla e variada programación cultural que comeza este venres, e inclúe os actos das festas de San Lourenzo, que se celebrarán dende o día 8 ao 11. As actividades foron anunciadas este xoves pola Delegación Municipal de Cultura.
O encargado de inaugurar a axenda de actos para agosto será Roi o Cagabolas, co seu espectáculo infantil, o venres 2 de agosto, a partir das 20:00 horas na praza Conde de Fontao. O sábado ás 20:00 horas, seguen os actos culturais coa inauguración da exposición “Doce e moitas máis”, unha homenaxe á muller galega na que se poderán contemplar as esculturas de Xosé M. Ribeira e Otero Regal. A mostra estará aberta ata o día 15 deste mes no CENIMA. Pola noite será a organización Os Sendeiros a que collerá o relevo coa IV Marcha nocturna de sendeirismo e unha chocolatada ó rematar. Os espectáculos continuarán ata o día do comezo das festas de San Lourenzo co multidisciplinar “Encontros” de Lusco e Fusco, o luns ás 21:00 horas; o de clown e malabares “Nono” de Pistacatro o martes á mesma hora e o espectáculo de aéreos “O que queda por chover” de Duelirium, o próximo mércores tamén ás 21:00 horas.
Pero non será ata o xoves 8 ás 20:00 horas cando se inauguren as festas de San Lourenzo co seu tradicional pregón na Casa da Cultura, que correrá a cargo do periodista Carlos González Reigosa. O venres 9, despois do concerto conmemorativo do 20 aniversario da Banda Municipal de Música de Foz, haberá verbena co grupo Samba na praza Conde de Fontao a partir das 22:00 horas e concerto do grupo Iguana Tango no paseo de Colón, unha hora máis tarde.
O día de San Lourenzo, sábado 10, os actos xa comezarán ás 12:00 horas da mañá coa misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Foz e con unha procesión acompañada pola Banda de Música O Landro, de Viveiro, que estará tamén na sesión vermú a partir das 13:30 horas. Pola tarde, poderá elixirse entre varias actividades, como os pasarrúas de xigantes e cabezudos, o torneo de fútbol “Vila de Foz” ou a XVII Mostra folclórica de O Feitizo. O día rematará coa verbena, na que estarán as orquestras Venecia e América S.L., e co espectáculo de fogos artificiais, que será a partires da 01:00 da madrugada.
O domingo 11 será o último día das festas, no que o grupo Fénix amenizará tanto a sesión vermú como a verbena na praza Conde de Fontao. Ás 20:30 horas rematará a XVII Mostra folclórica de O Feitizo coa actuación dos grupos infantís na mesma praza.
Rematadas as festas, a programación cultural continúa con máis actividades. A asociación Os Sendeiros de Foz organiza varias rutas de sendeirismo, que sairán dende a Casa do Concello o sábado 17 e o 24 cara a bisbarra e o domingo 25 cara o Val do Pinzón (León).
O sábado 17 inaugurarase a Feira do Libro de Foz, que se poderá visitar na praza Conde de Fontao ata o martes 20. Tamén o sábado terá lugar a festa en Marzán, cunha sardiñada e queimada a partir das 20:00 horas organizada pola asociación de veciños. E dende o domingo 18 ata o martes disputarase o torneo de baloncesto “Vila de Foz” no Campo da Cabana.
A penúltima semana do mes de agosto será coñecida como a semana do teatro afeccionado ao aire libre, xa que, dende o luns 19 ata o sábado 24, ás 22:00 horas no patio do colexio Nº 1, poderá gozarse de varias obras a cargo de diferentes grupos de teatro da provincia. O outro protagonista da semana será a feira multisectorial organizada pola ACIA de Foz na explanada do peirao dende o xoves 22 ata o domingo 25.
Tamén se inclúe na programación de actividades para agosto o XV Torneo de Tenis Vila de Foz organizado polo club de tenis local coa colaboración do Concello focense e da Deputación de Lugo, que se disputará do 16 ao 24 de agosto nas pistas de tenis de Marzán.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



