A Banda Municipal de Música de Ribadeo organiza unha churrascada musical que se celebrará o sábado 10 de agosto na Cabanela. Ás 21:00 horas comezará o concerto da Banda e ás 22:00 horas a churrascada seguida de festa rachada. Durante a festa sortearanse tres vales de 100 euros cada un para consumir nos locais socios de ACISA Ribadeo.
