Barreiros, 6 de agosto de 2013. O pleno deste luns en Barreiros deixou noticias sorprendentes. Segundo anunciou o Alcalde na propia sesión, “a partir dese momento non se debaterá en Barreiros ningunha moción que non teña que ver exclusivamente con Barreiros”. Segundo o BNG, esta decisión supón “un auténtico atentado contra a calidade democrática no noso concello, xa que o pleno municipal, como institución máis próxima á cidadanía é onde se teñen que debater todos os temas que calquera dos grupos municipais consideren de interese.” Esta decisión súmase, segundo o BNG, a “actitudes claramente pouco democráticas que está tendo Alfonso Fuente nos últimos tempos, como o feito de deixar sen contestar as preguntas que se lle formulan verbalmente nas sesións ou a desatención dos requirimentos de documentación feitos formalmente por rexistro. Parece que o Partido Popular no seu conxunto está quitando a careta e cada vez teñen máis nostalxia do franquismo”, sinalaron en referencia a esta cuestión e a que “en Barreiros non existe grupo de goberno, xa que o único que decide e manda é o Alcalde e o resto de concelleiras e concelleiros do PP non pintan nada” e ás declaracións do Alcalde de Baralla que non foron censuradas polo seu partido.
Pero ademais desta valoración, desde o BNG de Barreiros consideran que con “esta decisión o alcalde barreirense está renunciando a defender os intereses xerais das veciñas e veciños de Barreiros fronte a políticas que poidan vir determinadas pola Xunta de Galiza ou o Goberno do Estado aínda que perxudiquen á cidadanía.” Os nacionalistas sinalan como exemplo cuestións como “decisións de recortes que poidan afectar á sanidade, á xustiza, etc. que non afectan directamente a ningún servizo que se presta en Barreiros; pero si recortan a calidade dos mesmos que reciben as e os barreirenses.” Polo tanto, os nacionalistas de Barreiros consideran que, con este tipo de decisións, “está claro a que intereses responde o Alcalde de Barreiros: antepón a disciplina de partido e a defensa das decisións que tomen os gobernos galego ou español do Partido Popular á defensa dos intereses da xente.”
O Alcalde incrementa o prezo do servizo de axuda no fogar para as persoas usuarias ao que a Xunta de Galiza aporta 0€. Os nacionalistas votaron en contra da modificación da ordenanza que o regula por esta cuestión. Os nacionalistas barreirenses votaron no pleno deste luns en contra da modificación da ordenanza que regula a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e que supón unha nova suba deste servizo para as persoas usuarias. Para o BNG “esta ordenanza, que segundo se nos explicou é unha adaptación do Decreto aprobado pola Xunta de Galiza mediante o cal o goberno galego se desatende deste servizo, é un novo ataque ás persoas pensionistas de Barreiros que verán, por segunda vez en menos de dous anos, como se incrementa o prezo que teñen que abonar por este servizo”.
Segundo o BNG de Barreiros, Alfonso Fuente “está instalado na mentira e nas escusas para defender as decisións da Xunta e, neste sentido, non dubida en mentir descaradamente dicindo que a Deputación de Lugo non aporta nada para o Servizo de Axuda no Fogar, cando a única axuda que recibe o concello de Barreiros para este servizo é, precisamente a do ente provincial. Pola contra, tras a insistencia do grupo municipal do BNG onte no pleno, tivo que recoñecer que é a Xunta de Galiza quen aporta 0€ para o servizo de axuda no fogar básico e que a aportación da Deputación Provincial a Barreiros está por riba da media do resto de concellos da provincia”.
Os nacionalistas insisten na valoración que xa fixeron cando no ano 2011 o PP en Barreiros incrementou o prezo deste servizo e conclúen que “o Partido Popular desenténdese dos servizos sociais e o concello de Barreiros súbelle o prezo ás persoas usuarias para tapar os recortes da Xunta de Galiza. Polo tanto, unha vez máis, vemos cales son as prioridades deste alcalde: defender as medidas e decisións do Partido Popular, aínda que con iso perxudique ás veciñas e veciños de Barreiros”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



