O BNG de Alfoz-Valadouro organizará para setembro un xantar de confraternidade no espazo de lecer do Castrodouro, Alfoz (a carón do castelo), conmemorando o DÍA DA GALIZA MÁRTIR.
Esta conmemoración comezou a organizarse dende a Asemblea do BNG de Alfoz-Valadouro no ano 1997, polo tanto este ano cúmprense dezaseis deste evento local.
Trátase dun xantar de lembranza e homenaxe a todos os represaliados, exiliados ou asasinados pola defensa da liberdade, a democracia e os dereitos nacionais da Galiza.
Antes do xantar daráse lectura a un manifesto a prol da soberanía nacional do pobo galego e ao remate da comida terá lugar un recital poético a cargo de persoeiros do eido literario mariñao, adicado ás vítimas de persecución e represión por causas ideolóxicas.
Na clausura do evento soará o Himno Galego interpretado por un grupo local de gaiteiros.