Burela, 26 de agosto de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros de Obras e Educación, Manuel Fernández Valle e Mónica Pedre, visitaron as instalacións do CEIP Vista Alegre para ver as actuacións de mantemento que o Concello realizou no edificio nº 1.
A edil popular Mónica Pedre explicou que “fixemos tarefas de pintado de parte do edificio nº 1, fundamentalmente teitos que estaban afectados por humidades e tamén portas e vallas de seguridade. Déuselle un lavado de cara a parte do inmoble e o seu aspecto mellorou”.
A concelleira de Educación indicou que “estes traballos realizáronse dentro do apartado de prácticas externas dos alumnos do curso de pintura do centro de formación ocupacional de Burela e os materiais foron abonados polo Concello de Burela, que destinou aos mesmos uns 2.000 euros”. E engadiu que “nos vindeiros días, dentro desas mesmas prácticas, os alumnos do curso de pintura seguirán a realizar labores de acondicionamento noutros ámbitos do termo municipal. Por parte da dirección do centro déronnos as grazas do equipo directivo polos traballos que se realizaron e desde o Concello puxémonos á súa disposición para seguir a colaborar con eles, na medidas das nosas posibilidades, co obxectivo de que o centro estea nas mellores condicións posibles”.
Pola súa banda o rexedor anunciou que “desde a alcaldía faremos algunha xestión coa xefatura territorial de Educación para ver de subsanar algunha deficiencia existente e así poder deixar o centro en mellores condicións que as actuais”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



