Santiago, 26 de agosto de 2013.- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ratificou na mañá deste luns ao alcalde de Burela, José María González Barcia, o compromiso da Xunta de Galicia coa obra de acceso ao Porto de Burela, unha actuación que se licitará o vindeiro ano.
Así llo manifestou o conselleiro durante unha reunión celebrada esta mañá en Santiago, onde reiterou que a Axencia Galega de Infraestruturas licitará esta obra en 2014 por un investimento de máis de de 7,5 millóns de euros (7.662.180,56). O conselleiro sinalou que a tramitación desta actuación xa está feita, pois o proxecto foi aprobado polo departamento responsable das infraestruturas viarias en 2011 e xa se ten concluída o período de información pública.
Recordou que foi necesario facer unha serie de melloras, non só para que a actuación se adaptara ao planeamento urbanístico, senón tamén medioambientais xa que o paso do FEVE realizarase por abaixo (no proxecto orixinal se realizaba con paso superior) o que permitirá un menor impacto ambiental, ao non eliminar as vistas ao mar dado que irá practicamente en desmonte (no proxecto orixinal discorría en terraplén).
Descrición do proxecto
O actual acceso á zona portuaria realízase polo centro do núcleo urbano, coas molestias e a perigosidade que isto supón tanto para os usuarios do peirao como para o propio núcleo de Burela. O Goberno galego é consciente da relevancia de mellorar este acceso, xa que o porto de Burela é un dos de maior volume de operacións dentro dos portos adscritos á comunidade autónoma de Galicia.
Co desenvolvemento destas actuacións definirase un viario que permitirá unha nova canalización do tráfico rodado derivado da actividade que produce o porto de Burela, onde se facilitará e axilizará o tránsito pesado a dito porto, reducindo os riscos e distorsións ambientais que conleva o paso deste tipo de vehículos polo casco urbano.
O novo vial enlazará a Avenida Arcadio Pardiñas coa Avenida da Mariña na zona portuaria, á altura da nova lonxa.
O novo vial ten a súa orixe no pk 0+000 e finaliza no pk 1+260, tendo unha lonxitude de 1,2 km. O novo acceso discorre entre o acantilado e a liña do FEVE, cruzándoa aproximadamente no pk 0+920. A infraestrutura conta cunha sección transversal con tres carrís de 3,50 metros e dúas beiravías dun metro.
A zona obxecto das obras correspóndese cuns terreos pouco accidentados, que están limitados ao este por un acantilado dun 30 metros de altura e ao suroeste pola liña de FEVE. A obra discorre fundamentalmente en desmonte, excepto no tramo final onde a glorieta na intersección coa Avenida de Arcadio Pardiñas supón un recheo de pouca entidade.
A xeometría da estrada está totalmente condicionada pola orografía da zona e a presenza da liña do FEVE, de tal xeito que o vial proxectado está completamente encaixado entre o acantilado e a liña de ferrocarril.
No que se refire a estruturas, o proxecto de acceso comprende as seguintes:
– Paso inferior baixo o FEVE. Sitúase entre os pk 0+856 e 0+946
– Muros pantalla de pilotes entre os pk 0+821 e 0+856 e entre os pk 0+946 e 0+980, como prolongación do paso inferior baixo a liña do FEVE para evitar que os derrames de terras invadan a liña
– Muro pantalla de pilotes anclados ao terreo entre os pk 0+450 e 0+510, para contención do propio vial
– Muro pantalla de pilotes anclados ao terreo entre os pk 1+060 e 1+120, para evitar a afección á estrada nacional
– Muros de escollera en zonas puntuais para garantir a estabilidade de noiros
As unidades principais de obra centraranse na escavación de 169.621 metros cúbicos e o estendido de mestura bituminosa en quente. O proxecto tamén inclúe traballos de restauración e acondicionamento paisaxístico, restauración de patrimonio histórico, drenaxe lonxitudinal e transversal e sinalización horizontal e vertical.
O presente proxecto beneficiará directamente a unha poboación de máis de 9.500 habitantes do Concello de Burela. A poboación vese incrementada debido ao emprego que xera o porto e a afluencia turística que se xera sobre todo na estación de verán.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



