Ribadeo, 2 de agosto de 2013. Este venres inaugurouse a sexta edición de Mariñarte, unha mostra de arte, pintura contemporánea, escultura e fotografía na que se poderán visualizar obras de varios artistas mariñáns no forte de San Damián ata o día 13 de agosto. Tamén haberá talleres para nenos do 5 ao 9.
Segundo explica a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, “a idea de Mariñarte naceu xa hai seis anos para dar a oportunidade de mostrar arte contemporáneo, diferente, nunha época estival, onde o forte de San Damián é un lugar moi visitado, para mostralo a toda a cidadanía e a todas as persoas que nos visitan e dende logo, para que servira tamén para poñer en valor e dar a coñecer a obra de tantas persoas, algúns afeccionados e outros que xa levan varias edicións, xente que está estudando belas artes ou que se dedica a isto. Que a xente puidera ver a súa obra, a súa creatividade e arte totalmente distinto, como dicimos, contemporáneo. Creo que levar seis anos quere dicir que o potencial creativo está aquí, que hai xente que repite pero que tamén hai outra moita xente que cada ano se vai incorporando. Isto quere dicir que se van animando e que existen xeracións que ao longo dos anos se van tamén consagrando”.
A edil nacionalista sinalou que “a exposición vai estar aberta ata o día 13, en horario de mañá de 12:00 a 13:30, e pola tarde de 18:00 a 20:30. Quero convidar a todas aquelas persoas que o desexen a que vexan o entorno do forte, que se internen e que vexan tamén esta exposición, que se poidan facer con algún catálogo onde están recollidas as obras dos dez participantes e cunha serie de postais tamén que queremos que queden no recordo e para envialas a outras persoas e, como non, como conmemoración deste sexto ano de Mariñarte”.
Paralelamente, na Casa do Mar e no parque San Francisco, tamén haberá actividades para os nenos a partir de 4 anos, dende o 5 ao 9 de agosto. Álvarez Lastra indicou que “este ano tiñamos empeño en acercar tamén aos máis pequenos, aos nenos e ás nenas e á xente máis noviña, que teñen esa creatividade e esa iniciativa, pero que non saben como canalizala ou cando menos acercalos tamén a este tipo de arte. Iniciámolo o ano pasado cuns talleres puntuais e este ano facemos xa unha semana, á que nós chamamos Mariñarte dos pícaros. No Forte de San Damián hai unha sala dedicada a eles, a traballos que xa se fixeron e onde quedarán tamén expostos os traballos que van a facer ao longo da semana que ven. Aqueles pais, nais ou aqueles rapaces e rapazas que queiran participar simplemente teñen que chamar ao teléfono da oficina de información xuvenil (982.129.889) e ao longo da semana que ven, en horario de 11:00 a 13:30 horas da tarde, poderán probar técnicas como arquitectura para pícaros, ilustración de contos, personaxes de barro e de outros materiais e rematarán a semana cunha visita guiada ao forte de San Damián e cunha actividade para eles. Os obradoiros son totalmente gratuítos, simplemente hai que inscribirse porque hai 20 prazas en cada un dos grupos de idade, de 4 a 6 e de 7 a 12 anos”.
Na presentación tamén estiveron dous dos artistas da mostra. A barreirense Lucía Vila Rego dixo que “é a primeira vez que participo en Mariñarte e para min é un pracer, xa que me parece unha gran iniciativa impulsar a arte contemporánea dende Ribadeo, dende o forte, e espero que estes eventos sigan adiante porque é moi importante achegar á xente a este tipo de arte, a este tipo de actividades” e o xovense Mateo Guerreiro, que asegurou estar moi contento “por poder expoñer para empezar a ver como vai o mundo profesional. Como dixo a compañeira, que se sigan facendo estas actividades e que vaia ben a cousa”.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



