Lugo, 19 de agosto de 2013.- O Grupo Provincial do PP vese obrigado a denunciar un novo caso de presunto pago con diñeiro público -da Deputación provincial- a membros nacionalistas que non realizan as funcións para as que foron contratados.
Os populares detectaron que un concelleiro do BNG de Ribadeo está a traballar a diario no Consistorio local –onde realiza as súas funcións políticas a prol do BNG- mentres percibe un salario da Deputación Provincial polo que debería prestar traballo de administrativo, como persoal eventual adscrito a unha área de goberno.
O Grupo Provincial do Partido Popular explica que é público e notorio que Vicente Castro Reigosa –edil nacionalista en Ribadeo- realiza as súas funcións políticas no consistorio local e que non se achega ao edificio da administración provincial, onde debería prestar asesoramento ao vicepresidente da Deputación, Antón Veiga, tal e como o recolle o seu decreto de nomeamento.
En concreto, o Boletín Oficial da Provincial –BOP- de data 22 de xullo de 2011, recolle o nomeamento con carácter de persoal eventual adscrito á Área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, para prestar as súas funcións ao vicepresidente 1º, Antonio Veiga, a Vicente Castro Reigosa, como administrativo, con efectividade do 12 de xullo de 2011.
Sen lugar a erros
Neste caso, os populares explican que non hai erro que lle permita aos nacionalistas escudarse ante esta flagrante irregularidade, xa que neste caso o asesor nacionalista non está adscrito á area de Cultura e non presta funcións ao deputado Mario Outeiro, – tal e como acontecía nos outros casos denunciados polo Grupo Popular-, senón que o fai directamente ao vicepresidente primeiro da Deputación, e depende da área de Benestar.
Polo tanto, neste non existe a corrección de erros emitida por Besteiro logo das críticas dos populares,quedando patente que o edil nacionalista está adscrito a unha área de Goberno, mentres, é comprobable por todos os veciños, que realiza as súas funcións no concello de Ribadeo, se desprazarse ata o posto de traballo polo que recibe unha retribución anual superior aos 23.800 euros.
Dase, polo tanto e unha vez máis, o pago con diñeiro público da Deputación a unha persoa por un servizo que é evidente que non está a desenvolver, tal e como se recolle no seu nomeamento.
Posible financiamento ilegal dun partido político
Este feito convértese nun novo caso de presunto uso fraudulento de diñeiro público, que vén denunciando dende fai un mes o Grupo Provincial do PP dado a existencia dunha trama de traballadores liberados ao servizo do BNG, que percibían un salario como persoal adscrito a área de Cultura e Turismo da Deputación, mentres están a realizar funcións exclusivamente partidistas.
Trátase polo tanto, segundo advirten un populares, da utilización de recursos públicos ao servizo do BNG, polo que segundo os populares, se podería incluso estar a falar dun posible financiamento ilegal do partido.

















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



