Burela, 14 de agosto de 2013. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, fixo un balance moi positivo de Produart 2013. Éste foi un dos asuntos que se abordaron na xuntanza do padroado da Fundación Expomar na que tamén se falou da feira que se está a preparar en Cabo Verde e do plan de usos do porto de Burela.
O rexedor e presidente da Fundación Expomar explicou que “no encontro deste mediodía tratamos fundamentalmente sobre o balance de Produart que, na súa décimo terceira edición, se celebrou o primeiro fin de semana deste mes aquí en Burela. Cabe dicir, que estamos satisfeitos co balance, xa non soamente no que se refire ó aspecto económico da organización da feira, senón co resumen que os propios expositores nos fixeron sobre os resultados que eles acadaron na propia feira. Non se pode facer unha valoración pormenorizada das transaccións comerciais porque, evidentemente, na propia feira se fan ventas, pero tamén quedan moitos contactos abertos para continuar durante todo o ano coas transaccións comerciais”. González Barcia dixo que “a intención da Fundación Expomar é repetir para o próximo ano a organización da mesma. O saldo para a Fundación Expomar é cero, é dicir, os gastos que houbo foron cubertos cos ingresos que se produciron. E iso, tendo en conta que é Produart e que non é evidentemente comparable con Expomar, para nosoutros xa é un resultado satisfactorio”.
Na xuntanza deste mediodía “fíxose fincapé sobre como está agora mesmo a posible presenza da Xunta de Galicia, da Fundación Expomar e do Concello de Burela en Cabo Verde nesa feira Expomar que se fará alí en Cabo Verde na última fin de semana do próximo mes de outubro. En principio, a Xunta de Galicia segue adiante coa organización, contactando con representantes do sector empresarial pesqueiro e con representantes doutros sectores que poden ter intereses en estar presentes en Cabo Verde e efectivamente, nosoutros vamos colaborar con eles, tanto coa Xunta como evidentemente con Cabo Verde”. O alcalde burelés seguiu a relatar que “de feito, estamos en contacto xa cos responsables da organización da feira alí para ver de colaborar con eles precisamente no qué a súa organización. Evidentemente, colaborar dende aquí porque ter presenza xa agora mesmo alá en Cabo Verde sería un tanto custoso. Podo adiantar que con case toda seguridade, Expomar vai contar con stand propio na feira Expomar de Cabo Verde, un stand que nos van poñer a disposición precisamente dende a organización da feira caboverdiana”.
González Barcia engadiu que “tamén se deu conta da publicación no día de onte, no Diario Oficial de Galicia, do plan de usos do porto de Burela. Podo adiantar que, previsiblemente para a próxima semana, case seguro que haberá unha reunión conxunta do Concello coa Confraría de Pescadores e Armadores de Burela para estudar precisamente o plan de usos do porto e, en caso de que se vexa que se pode facer algunha achega, en caso de que se vexa que hai algún aspecto susceptible de cambio ou mellora, nosoutros por suposto antes de presentar calquera tipo de alegación, falaremos con Portos de Galicia para ver de consensuar con eles as posibles propostas que podan partir tanto do Concello como do sector pesqueiro, aínda que a intención do Concello é ir da man como temos ido en cantidade de ocasións cando se fala de mellorar as instalacións do porto de Burela ou de solicitar algunha actuación puntual no mesmo”.
O alcalde indicou que “non hai data aínda para esa reunión pero, en principio, nos vamos dar un tempo calquera das tres partes, Armadores de Burela, Confraría e máis Concello, para estudar o documento, facer unha valoración individual cada un de nos e logo ter unha reunión para unificar puntos de vista e a partir de aí, sacar as conclusións e si procede, como antes dixen, manteríamos unha conversa cos representantes de Portos de Galicia para buscar un punto de consenso en aquelas cuestións que nosoutros entendamos que deben ser cambiadas ou deben ser melloradas”.





















“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



