O Partido Popular da Pontenova solicita a Darío Campos que antes de executar sancións contra os veciños por non manter axeitadamente as fincas, evitando a acumulación de maleza, etc. atenda a petición dos veciños que lle esixen o coidado e mantemento das parcelas municipais.
“Difícilmente se pode estar obrigando e sancionando aos veciños, cando o propio Concello, que publica un Bando neste senso, mantén varias parcelas municipais en deplorable estado de conservación”, segundo manifesta Jorge García, voceiro do Partido Popular da Pontenova.
O PP solicita, polo tanto, a Darío Campos que execute inmediatamente a limpeza das parcelas municipais e predique co exemplo.