Ribadeo, 30 de agosto de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, en nome da formación política local agradeceu hoxe á Xunta de Galicia a resposta “rápida e positiva” que tivo a petición dos veciños da parroquia de Arante, que urxían accións de limpeza no río Grande.
O Partido Popular de Ribadeo trasladou á Consellería de Medio Ambiente a necesidade de realizar cometidos de conservación e mellora na conca do citado río, logo de serlles trasladada esta demanda por parte dos veciños, nunha das xuntanzas que os populares están a manter nas diferentes parroquias.
Deste xeito, os populares agradecen o inicio destes cometidos, que facilitarán o descorrer da auga e mellorarán as condicións medioambientais e estéticas dos contornos fluviais desta zona.
Así, dende o PP lembran que esta, trátase dunha mostra máis do compromiso da Xunta de Galicia co concello de Ribadeo, que respondeu de maneira inmediata a unha das necesidades demandadas polos propios veciños para que se fixera unha limpeza de escombros e outros residuos nas marxes do leito, así como das zonas de servidume e paso .